Hydn lanza “Taste”, pop global en ‘galenglish’
A artista coruñesa Hydn vén de publicar “Taste”, un novo single co que dá continuidade á súa aposta por un pop galego contemporáneo e global, con códigos do R&B e do pop dos anos 2000.
“Taste” “nace dun baleiro real: dun espazo que, ata agora, non estaba ocupado, e sitúase directamente no centro do pop contemporáneo desde Galicia”, asegura a cantante e compositora. “Pop galego contemporáneo que opera cos códigos do pop internacional sen complexos nin adaptacións”, acrecenta.
A canción, mestura de galego e inglés, sae á luz acompañada dun videoclip, dirixido por Iago Vilariño, que se constrúe arredor dun combate no que Hydn pelexa con Jessi Longueira, boxeadora coruñesa, gañadora do Open Cidade de Lugo 2024 e profesora en Flightland. O boxeo funciona como linguaxe física para trasladar á imaxe a tensión, o risco e a atracción que atravesan a canción, segundo explican.
Créditos
Dirixido por Iago Vilarinho
Producido por hydn
Guión de Laura Guedett
Dirección de Fotografía: Iago Vilarinho
Montaxe: Ro López & hydn
Colorista: Ro López
Eléctricos: Pablo de Benito Maceiras, José R. Vázquez
Coreografía: David Freire
Bailarinas: Noelia Enríquez, Noa Martínez, Laura Ferrío & Sara Toja Romero
Estilismo: Andres Gómez & hydn
Making Of: Lucia Lorenzo
Foto Fixa: Naiara Carballido & Antía Marcote
Composición: hydn & Noelia Enríquez
Produción Musical: LUKI
Deseño de Son: LUKI
Gravación de voces: Chris Indian