Familia Caamagno lanza “De Paseo en Portugal”, adianto do disco e volta aos escenarios
Familia Caamagno regresará aos concertos nas vindeiras semanas coa publicación dun novo disco, do que vén de lanzar o primeiro avance, "De paseo en Portugal". Un tema pop, cun estribillo luminoso e catártico, que dá boa conta de todo o que está por vir, segundo explican desde o selo Tremento Audiovisual, que edita o novo álbum.
“De paseo en Portugal/ nada disto pode ir mal”, versa o primeiro dos tres sinxelos que se darán a coñecer nas vindeiras semanas -antes da publicación do álbum-, e que conta cun vídeo animación dirixido por Xaime Miranda.
No mes de xaneiro, o quinteto de Sigüeiro, que celebra quince anos sobre os escenarios, presentará o novo disco producido por Raúl Pérez, do estudio granadino La Mina.
Créditos
"De paseo en Portugal" , unha canción de Familia Caamagno.
Producida e gravada por Raúl Pérez en La Mina (Granada) en xullo de 2025. Masterizada por Mario de Kadifornia Mastering en novembro de 2025.
Editada por Tremendo Audiovisual en novembro de 2025.
Vídeo de Xaime e Antón Miranda baseado nos desegnos de Álvaro "Un buen tipo"