Familia Caamagno sobe a poxa con "Romper Espagna"

Os de Familia Caamagno crean a súa propia canle televisiva para ilustrar este "Romper Espagna", unha canción chea de retranca que nos deixa unha mensaxe clara para este verán: pasa de cambiar a Historia, aproveita ben o tempo e vén bailar. 

 

Neste novo videoclip dirixido por Xaime Miranda lévannos a unha festa ben peculiar: unha poxa nun polígono das aforas que cambia de terzo con Jess Caamagno, Francesco Caamagno, Toni Caamagno, Lano Caamagno e Manuele Caamagno. Que este vídeo musical vos acompañe entre verbenas. 

Créditos

"Romper Espagna" é unha canción de Familia Caamagno, producida, gravada e masterizada en El Castillo Aléman (Pedrezuela, Madrid) en maio de 2021 por Carlos Hernández.

O videoclip é unha idea orixinal de Familia Caamagno, Xaime Miranda e Simón Cuba.

 

Créditos técnicos:

Dirección: Xaime Miranda

Produción: Tremendo Audiovisual

Operador de cámara: Arián Quinteiro

Edición: Xaime Miranda

Grafismos: Antón Miranda

 

Créditos Artísticos:

Carlos Angueira

Miguel Vicente Sobradelo

Duarte Galbán

Luís Tembra

Carlos González

Jenaro Vázquez

Pilar Casado

Paula Fernández

Daniel Lavesedo

Alexandre García

 

Agradecementos:

José Alberto Angueira

Iván Figueira

Manuel Raña

Matías Tarrío

Nuno Pico

Xente de Rianxo

Festival Antrospinos

 

Colaboran:

AGADIC

Xacobeo 21 – 22

Tamén che interesa

  • 'Xuntos': a versión soviética da Familia Caamagno

    E se Juan Pardo vivise na URSS? É se o seu mítico tema 'Xuntos' se cantase nas comunas bolxeviques e non nas paparotas do PP de Fraga? Familia Caamagno regresan con esta versión dunha das cancións máis populares do autor de 'Anduriña' e un videoclip que non podedes perder, baixo a dirección de Xaime Miranda. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.