Familia Caamagno. O milagre económico é safar

«Non vale parar. Hai que aspirar a máis. É a roda do traballo e do gastar». Os de Sigüeiro volvérono facer, volven cun adianto do seu novo disco, logo da publicación no 2022 de O mundo está derrotado, que ten trazas de converterse en himno

Familia Caamagno estrea a canción "Milagre económico", unha crítica ao sistema turbo capitalista. Para eles o auténtico milagre nos tempos que corren é poder ter unha vida sinxela e satisfactoria, por iso convidan a esta reflexión en forma de canción cun videoclio de Xaime Miranda.  

Créditos

"Milagre económico", unha canción de Familia Caamagno

 

Gravada e masterizada en El Castillo Alemán por Carlos Hernández

 

Videoclip dirixido por Xaime Miranda

Máis Vinte

  • Familia Caamagno crea unha simulación dos 90 sen saír da pantalla

    Unha simulación da nostalxia dos 90 é a "Máquina virtual" na que nos introducen Familia Caamagno con este videoclip creado polos irmáns Xaime e Antón Miranda. O 'Familia Caamagno 95' (que non Windows 95) lévanos de volta nun segundo a aquel entorno informático co que medramos. Din que non, non é unha canción de amor, pero se cadra un pouco si que o é...

    Música
  • Familia Caamagno sobe a poxa con "Romper Espagna"

    Os de Familia Caamagno crean a súa propia canle televisiva para ilustrar este "Romper Espagna", unha canción chea de retranca que nos deixa unha mensaxe clara para este verán: pasa de cambiar a Historia, aproveita ben o tempo e vén bailar. 

    Música
  • 'Xuntos': a versión soviética da Familia Caamagno

    E se Juan Pardo vivise na URSS? É se o seu mítico tema 'Xuntos' se cantase nas comunas bolxeviques e non nas paparotas do PP de Fraga? Familia Caamagno regresan con esta versión dunha das cancións máis populares do autor de 'Anduriña' e un videoclip que non podedes perder, baixo a dirección de Xaime Miranda. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.