A banda da Loba pon “O cora”: música para o documental 'A rebelión da lectura'

“Era unha vez unha historia do revés. Era unha vez unha historia con mil pés”. Así comeza “O cora” canción orixinal composta e interpretada por A banda da Loba para o documental A rebelión da lectura

O tema estará dispoñible en plataformas dixitais a partir deste venres 16 de xaneiro, xunto cun videoclip que recolle a gravación do propio tema. A peza está composta por A banda da loba e producida por A banda da Loba e Arturo Vaquero. A cuberta do single foi deseñada por Xela Alonso.

O documental recolle os 20 anos de historia da asociación Espazo Lectura de Gondomar, que se dedica ao fomento da lectura en lingua galega a través dunha enorme rede de voluntariado. Espazo Lectura conta con clubs orientados para bebés, cativada, adolescentes e adultos. No pasado 2024, foi galardoada co Premio Liber outorgado pola Federación de Gremios de Editores de España e co premio Follas Novas á promoción da lectura. 

A rebelión da lectura estrearase o sábado 31 de xaneiro no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. 

Créditos

“O Cora”

Composición, e interpretación: A banda da loba

Produción: A banda da loba e Arturo Vaqueiro

Deseño da cuberta do single: Xela Alonso

Tamén che interesa

  • A banda da Loba estrea novo disco: ‘Lovismo’ celebra a vida con amor

    Desde este venres xa se pode escoitar o quinto traballo d'A banda da Loba, Lovismo, composto por once temas que teñen como fío condutor o amor nas súas múltiples formas de expresión como o desexo, as relacións, a maternidade, a sororidade ou o amor polo noso. Segundo explica Andrea Porto, neste traballo quixeron falar do amor desde distintas perspectivas pero sen esquecer «o amor a nós mesmas, fundamental para desde aí, querer ben». 

    A presentación pública de Lovismo será nun concerto na Sala Capitol de Santiago o vindeiro 1 de febreiro. Unha auténtica festa na que estarán rodeadas de artistas amigas no escenario como De Vacas, Tomé Mouriño (De Ninghures) e os músicos Adrián Real, Manu Doel, Lara Porto e Cristóbal Fernández, responsables dos instrumentos de vento do disco. 

    Música
  • Novo sinxelo de A banda da Loba. “Lova”, ouveo liberador feito música

    «Comeza o lovismo, comeza a cantar, convértete en loba e ponte a ouvear». O fermoso son do violín de Estela Rodríguez principia o novo sinxelo de A banda da Loba, “Lova”, adianto do que sera o novo disco da banda, Lovismo, que se publicará a comezos de 2025 e será presentado o 1 de febreiro na Sala Capitol de Compostela.

    Explican desde a banda que o amor e as súas múltiples formas de expresión ―o desexo, as relacións, a maternidade, o amor propio, a sororidade, o amor polo noso...― serán o leitmotiv de Lovismo, un disco onde confluirán diferentes estilos, desde a bachata ata o pop pasando pola música disco e reivindicando a inspiración literaria da que fan gala desde o seus inicios as compoñentes de A Banda da Loba (ABDL).

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.