Novo sinxelo de A banda da Loba. “Lova”, ouveo liberador feito música

«Comeza o lovismo, comeza a cantar, convértete en loba e ponte a ouvear». O fermoso son do violín de Estela Rodríguez principia o novo sinxelo de A banda da Loba, “Lova”, adianto do que sera o novo disco da banda, Lovismo, que se publicará a comezos de 2025 e será presentado o 1 de febreiro na Sala Capitol de Compostela.

Explican desde a banda que o amor e as súas múltiples formas de expresión ―o desexo, as relacións, a maternidade, o amor propio, a sororidade, o amor polo noso...― serán o leitmotiv de Lovismo, un disco onde confluirán diferentes estilos, desde a bachata ata o pop pasando pola música disco e reivindicando a inspiración literaria da que fan gala desde o seus inicios as compoñentes de A Banda da Loba (ABDL).

Na actualidade, ABDL está integrada por Andrea Porto (baixo), Estela Rodríguez (violín), Marcela Porto (percusión), Xiana Lastra (voz) e Iria de Cabo (guitarra), que chega á formación substituíndo a Inés Mirás.

Créditos

Dirección, realización e edición: Álvaro L. Barreiro

Produción: Xiana Lastra 

Axudantes de produción: Elena Mareque e Adrián Gómez (Seispés Producións Creativas)

Bailarina: Fabiana Taboada

Maquillaxe e perruquería: Noe Leite

Foto fixa: Sonia García

Letra e música: A banda da Loba

Produción musical e masterización: Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios)

Coa colaboración do Concello de Silleda na cesión do incrible mosteiro de Carboeiro para a gravación

Tamén che interesa

  • Vinte estrea videoclip de Abril. "Arredor da mesa", a muiñeira das amigas

    Abril presenta ‘Arredor da mesa’, un single cociñado a lume lento xunto ás amigas. O novo tema é unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, recollida por Xisco Feijoó e con letra orixinal de Petra Iglesias e Claudia Abril. 

    O dúo formado por Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (Violín e voz) bebe das músicas de raíz e achega unha proposta moderna e ao tempo delicada. "Arredor da mesa" é unha oda ao amor das amigas, a pasar tempo de calidade con elas, a coidalas e querelas ben. Por esta razón Abril quixo facer unha canción dedicada a elas contando coa súa participación cantando, tocando, escribindo a letra, producindo, dirixindo o vídeo ou actuando. 

    Música
  • O novo de Amoebo: evasión e baile sen reservas en “Lobishomes”

    Amoebo vén de presentar o seu novo sinxelo cun vídeo musical entre a animación e a realidade. “Lobishomes” relata a necesidade de atopar unha vía de escape da nosa propia realidade cotiá. «Este lobo, este home, hai tempo que non come». Lonxe de converterse nun ser terrorífico, o lobishome goza da noite e convida a romper coa rutina e a bailar sen complexos. Esta experiencia reflicte a busca da liberdade e o desexo de fuxir das limitacións do día a día, celebrando o poder da música como refuxio de evasión. 

    O videoclip, rodado na sala coruñesa La Disfrutona del Orzán, conta coa dirección de Xaime Miranda a través da aceleradora musical Son Emerxente de Fundación Paideia. Neste traballo, producido por David Fernández (Daiv), Amoebo mestura unha explosión de rock, pop e ritmos urbanos actuais. Cunha presencia moito maior de guitarras e distorsión, Amoebo aposta por un son máis agresivo e punzante, sen perder a frescura que o caracteriza desde os comezos.

    Música
  • Entrevista | Marián: «A música queda nun recuncho do corazón máis alá do racional, máis alá de calquera desorde mental»

    Foi Roshmary e cantaba en inglés; foi publicista ata que o deixou para dedicarse, desde 2019 completamente á música. O soul forma parte da súa banda sonora vital e ben se lle nota ao escoitar os seus temas, que van agromando aos poucos mentres Maríán (Outes, 1994) prepara o lanzamento do seu primeiro disco, protagonizado pola «muller salvaxe», segundo ela mesma explica. 

    Neste universo de apuros e prioridades infinitas, a de Outes deuse o permiso de expresarse en liberdade e sen présas. Iván Ferreiro deulle algúns consellos, que aproveitou para depurar letras e segue un camiño creativo con Iago Pico como produtor e amigo. Marián declara sen titubeos que «a música está moi ben, pero ao final é máis importante que esteamos ben» e salienta o poder da música para curar e conectar as persoas, tal e como está a comprobar nos obradoiros de música que imparte no hospital de Conxo.

    Música
  • Entrevista | Filloas: «A miña música é máis xeracional do que eu pensaba»

    De rapaz Iago Galego (Coruxo – Vigo-, 1996) era punki. Como vigués creceu escoitando a Siniestro e vendo o Xabarín na televisión. A música sempre formou parte da súa vida: estivo na banda de música de Coruxo, estudou no Conservatorio e con 15 anos xa quixo montar o seu grupo de punk, na contorna de Coruxo, con rapaces da zona. Estudou Enxeñería Informática en Santiago, e tras dez anos vivindo alí, considérase xa máis de Compostela ca de Vigo.

    Temas como a saúde mental ou a precariedade laboral que vive a súa xeración marcan unha proposta musical moi recoñecible, pensada para escoitar mais tamén para bailar. Filloas vén de gañar o premio de Novos Talentos do Festigal –onde actuará o 24 de xullo- e este martes tocará no escenario do Atlantic Pride, na Coruña.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.