Vinte estrea videoclip de Abril. "Arredor da mesa", a muiñeira das amigas
Abril presenta ‘Arredor da mesa’, un single cociñado a lume lento xunto ás amigas. O novo tema é unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, recollida por Xisco Feijoó e con letra orixinal de Petra Iglesias e Claudia Abril. «O que fai tan especial este traballo é que todas as persoas que colaboraron, dende a gravación da canción ata o videoclip, son amigas nosas e todas dedicaron as súas enerxías a axudarnos. Querémosllo agradecer enormemente», explican desde a formación.
O dúo formado por Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (Violín e voz) bebe das músicas de raíz e achega unha proposta moderna e ao tempo delicada. "Arredor da mesa" é, precisamente, unha oda ao amor das amigas, a pasar tempo de calidade con elas, a coidalas e querelas ben. Por esta razón Abril quixo facer unha canción dedicada a elas contando coa súa participación cantando, tocando, escribindo a letra, producindo, dirixindo o vídeo ou actuando.
No videoclip, un traballo de Miguel Méndez e Marta Ferrer, amósase un imaxinario onde as amigas son casa: un lugar seguro e amoroso cheo de cores vivas.
O novo single é un adianto do primeiro traballo discográfico que Abril ten previsto publicar en 2025. Este venres 29 de novembro, o grupo ofrecerá un concerto na biblioteca Rego da Balsa de Carballo ás 20.30 horas enmarcado na programación do 25N.
Créditos
Música
Arranxo: Abril sobre unha muiñeira tradicional de Caroi recollida por Xisco Feijoó.
Letra orixinal: Petra Iglesias e Claudia Abril
Voz e Percusións: Claudia Abril
Violín: Marina Carpente
Coros: Anaïs Barbier, Antón Veloso, Fergi Huins, María Jorge, Pedro Fariñas e Petra Iglesias
Gaitas: Pedro Fariñas
Sintetizadores: Zalo Rodríguez
Produción: Zalo Rodríguez & Abril
Gravación, mestura e mástering en Estudios Mans: David Fernández Rodríguez
Auxiliares de gravación e montaxe do equipo de audio: David Paredes e Javier Justo
Vídeo
Dirección e guión orixinal: Miguel Méndez e Marta Ferrer
Dirección de Fotografía: Miguel Méndez
Dirección de Arte: Marta Ferrer e Petra Iglesias
Dirección de Vestiario: Marta Ferrer e Petra Iglesias
Montaxe e cor: Miguel Méndez
Operadores de Cámara: Marta Rodríguez e Héctor Gómez
Dirección de Produción: Petra Iglesias
Deseño gastronómico: Joana Lamarca
Deseño floral: A Silveira Flores x Petra Iglesias
Figuración: Neli, Alba, Sara, Zalo, Guille, David, Eva, Yow, Fergi, Petra, Antón, Fonso, Gerom, Tere,
Marta, Avi e os canciños Allo e Oba