Alana mestura muiñeiras e pop en ‘O xeito á cántigha’
Alana, o proxecto musical das bergantiñás Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro, publica este venres 3 de maio, o seu primeiro disco, O xeito á cántigha, que xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais e en formato físico.
“Liñares” ó o single deste primeiro traballo, que vén acompañado dun videoclip dirixido por Jorge López.
Alana naceu en 2023 para poñer en valor a música tradicional galega. Parten das recollidas para mesturar as melodías tradicionais con ritmos de base electrónica e pop.
Segundo relatan desde o grupo de Bergantiños, foi Delfina de Cerceda quen lle explicou a Dorothé Schubard como darlle “o xeito á cántigha” nas muiñeiras e nas xotas. Esa é a orixe que dá nome ao álbum que Alana presentará este sábado, 4 de maio, nun concerto na Coruña no que participarán algunhas das artistas que colaboraron na gravación do disco: Lina e Lola, Pedro García Louzao, Xabier Gómez Romero, Andrés Boutureira e Ismael García.
O 11 de maio o trío estará en Ames e o 17, Día das Letras Galegas, en Boiro.
Créditos
"Liñares"
Dirección: Jorge López
Operador de cámara: Javier González
Montaxe e cor: Jorge López e Javier González
Son: Pablo Castro e Eloy Vidal
Edición e grabación do son: Eloy Vidal
Masterizado por Manolo Dourado
Produción musical de Ew
Producido por Alana
Eloy Vidal: voz e guitarra
Antía Vázquez: voz e pandeireta
Pablo Castro: percusións
Actores e actrices: Paco Pantín, Marta Doviro, Bruno Vázquez, Hugo Vázquez, Area Salgado, Tino Fernández, Miguel Castro, Begoña Lema e Alana.