'Azul vindeiro': así soa o novo disco de Devalo
Este venres Devalo publica o seu terceiro disco baixo o título Azul vindeiro. O traballo vén acompañado tamén dun novo videoclip, que ilustra o tema “Natureza case morta”, con espectaculares imaxes rodadas en Galicia (Lousame e A Coruña), mais tamén en Francia (Chartres, Nantes e La Roche-sur-Yon) e Gales (Bangor e Menai Bridge).
No seu novo disco, Devalo invita a «recuperar a capacidade de pensar no futuro» que, debido a continua crise, xa case parece non existir.« Vivimos no debilitamento da esperanza». É por isto que David Miranda crea cancións que se rebelan e tratan de volver ter a capacidade de concibir un mundo mellor, aínda que parta do descontento do presente.
Créditos
'Azul vindeiro' (Ferror Records, 2024).
DEVALO é un proxecto de David Miranda.
As cancións están masterizadas por Jahel Piñeiro en 8 Estudios.