Filloas presenta “Google calendar”, hyperpop contra a rutina

“Google calendar” é o primeiro sinxelo do novo traballo de Filloas, que se publicará ao longo de 2026.

Esta canción reafirma unha sonoridade enmarcada no hyperpop, no que o artista é pioneiro en Galicia, segundo subliñan desde a produtora. O sinxelo enmárcase dentro dun mesmo universo, con referencias ás películas de Matrix, o anime e á novela de Momo, representado nun videoclip de Xaime Miranda e nunha portada ilustrada baseada no mesmo.

“Google calendar” trata da rutina e, sobre todo, como non podemos escapar dela, exemplificándoo nunha eterna loita entre unha personaxe maligna (que representa á rutina) que se enfronta á nosa protagonista deixando un final pouco esperanzador.

O artista vén de estrear Súbete ao EVA (Alende/Altafonte, 2025), e xa prepara o lanzamento dun novo EP, onde o son electrónico que Filloas xa viña adiantando colle forma. 

Créditos

Videoclip "google calendar" de Filloas

Realización e edición: Xaime Miranda

Protagonizado por Paula Ferraz e Filloas

Equipo de cámara e iluminación: Marta Rodríguez e Héctor Gómez

Dirección de arte e vestiario: Lara Caeiro

Axudante de arte e vestiario: Noelia Picadizo

 “google calendar” 

Produción: Daiv, Filloas

Masterización: Luis Antelo, Estudios Estereoarte

Vigo 2025 Alende

Tamén che interesa

  • Entrevista | Filloas: «A miña música é máis xeracional do que eu pensaba»

    De rapaz Iago Galego (Coruxo – Vigo-, 1996) era punki. Como vigués creceu escoitando a Siniestro e vendo o Xabarín na televisión. A música sempre formou parte da súa vida: estivo na banda de música de Coruxo, estudou no Conservatorio e con 15 anos xa quixo montar o seu grupo de punk, na contorna de Coruxo, con rapaces da zona. Estudou Enxeñería Informática en Santiago, e tras dez anos vivindo alí, considérase xa máis de Compostela ca de Vigo.

    Temas como a saúde mental ou a precariedade laboral que vive a súa xeración marcan unha proposta musical moi recoñecible, pensada para escoitar mais tamén para bailar. Filloas vén de gañar o premio de Novos Talentos do Festigal –onde actuará o 24 de xullo- e este martes tocará no escenario do Atlantic Pride, na Coruña.

    Música
  • 'Súbete ao EVA’: letras tristes e música alegre confirman o universo Filloas

    Os concertos de Filloas son unha festa con letras non sempre optimistas pero si realistas, sinceras e que conectan co público desde que saíu o seu primeiro disco, en 2022. 

    Hai unhas semanas que viu a luz Súbete ao EVA, terceiro traballo de Filloas, «un álbum que te fará bailar, rir e sentir nostalxia a partes iguais», segundo explica o propio artista vigués. 

    Este disco confirma o universo musical propio de Filloas, sen deixar de sorprender cunha explosión de hiperpop e ritmos electrónicos, acompañados de letras cheas de referencias a animes icónicos, videoxogos clásicos e modernos e memes de Internet. 

    Música
  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Filloas

    A Regueifa Plataforma 2.0 presenta a segunda entrega das Miudiño Sessions, eses microconcertos de bandas e solistas galegxs filmados en localización singulares. Nesta ocasión o protagonista é o vigués Iago Galego, que baixo o alcume de FILLOAS editou antes do verán un sorprendente disco de debut.

    Música
  • "Mediocre". Chega de Vigo un pioneiro do urban-pop-punk chamado Filloas

    O vigués Iago Galego debuta co seu proxecto en solitario, Filloas, mesturando sen prexuizo ingredientes que a priori non convidan á maridaxe pero que unha vez pasados pola pedra quente dan lugar a unha proposta inédita na música galega: melodías pop pegañentas, voces trapeiras enchoupadas de autotune, guitarras afiadas fillas do estoupido do 77 e ritmos urbanos acelerados que piden a berros pista de baile. 

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.