'Súbete ao EVA’: letras tristes e música alegre confirman o universo Filloas

Os concertos de Filloas son unha festa con letras non sempre optimistas pero si realistas, sinceras e que conectan co público desde que deu a coñecer o seu primeiro disco en 2022. 

Hai unhas semanas que viu a luz Súbete ao EVA, terceiro traballo de Filloas, «un álbum que te fará bailar, rir e sentir nostalxia a partes iguais», segundo explica o propio artista vigués. 

Este disco confirma o universo musical propio de Filloas, sen deixar de sorprender cunha explosión de hiperpop e ritmos electrónicos, acompañados de letras cheas de referencias a animes icónicos, videoxogos clásicos e modernos e memes de Internet. 

O propio título fai referencia aos robots do videoxogo Evangelion, os evas. «Súbete ao EVA», vén significar «asume as túas responsabilidades».

Créditos

Videoclip "despawn" de Filloas 

Realización e edición: Diego López Curros

Maquillaxe: Callahar 

Asistente maquillaxe: Agus Itoiz

Foto fixa: Laura Prieto

Canción “despawn”

Produción: Daiv, Filloas

Mestura: Luis Antelo, Estudios Estereoarte 

Masterización: Carlos Hernández, El Castillo Alemán

Tamén che interesa

  • Entrevista | Filloas: «A miña música é máis xeracional do que eu pensaba»

    De rapaz Iago Galego (Coruxo – Vigo-, 1996) era punki. Como vigués creceu escoitando a Siniestro e vendo o Xabarín na televisión. A música sempre formou parte da súa vida: estivo na banda de música de Coruxo, estudou no Conservatorio e con 15 anos xa quixo montar o seu grupo de punk, na contorna de Coruxo, con rapaces da zona. Estudou Enxeñería Informática en Santiago, e tras dez anos vivindo alí, considérase xa máis de Compostela ca de Vigo.

    Temas como a saúde mental ou a precariedade laboral que vive a súa xeración marcan unha proposta musical moi recoñecible, pensada para escoitar mais tamén para bailar. Filloas vén de gañar o premio de Novos Talentos do Festigal –onde actuará o 24 de xullo- e este martes tocará no escenario do Atlantic Pride, na Coruña.

    Música
  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Filloas

    A Regueifa Plataforma 2.0 presenta a segunda entrega das Miudiño Sessions, eses microconcertos de bandas e solistas galegxs filmados en localización singulares. Nesta ocasión o protagonista é o vigués Iago Galego, que baixo o alcume de FILLOAS editou antes do verán un sorprendente disco de debut.

    Música
  • "Mediocre". Chega de Vigo un pioneiro do urban-pop-punk chamado Filloas

    O vigués Iago Galego debuta co seu proxecto en solitario, Filloas, mesturando sen prexuizo ingredientes que a priori non convidan á maridaxe pero que unha vez pasados pola pedra quente dan lugar a unha proposta inédita na música galega: melodías pop pegañentas, voces trapeiras enchoupadas de autotune, guitarras afiadas fillas do estoupido do 77 e ritmos urbanos acelerados que piden a berros pista de baile. 

    Música
  • "Bucle". Filloas xúntase co MC Amorodo no videoclip do primeiro adianto do seu vindeiro LP

    O vigués Iago Galego, FILLOAS, estrea "Bucle", o primeiro adianto do seu vindeiro disco longo. Unha canción en clave urbana, en colaboración co MC de Arbo AMORODO e cun videoclip producido por TOXO VERDE, na que o de Coruxo volta explorar lugares comúns dos desacougos da xeneración millennial, sempre baixo a sombra do desamor. O 25 de marzo FILLOAS estará en Bruxelas no Festival Emigrason xunto a Familia Caamagno, Fillas de Cassandra, Berto e The Rapants. 

    Música
  • "Galicia". Filloas repasa no seu novo videoclip os tópicos galegueiros a golpe de gaitas e de trap

    O vigués Filloas estrea videoclip para "Galicia", un dos temas mais reivindicativos do seu recente disco de debut. En clave trapeira e con moita retranca e non menos carraxe pon diante do espello a ese pseudogaleguismo selectivo que abraza sen reparos todo canto tópico galaico hai, excluindo específicamente elementos esenciais para a supervivencia da propia galeguidade coma a lingua ou o dereito a existir. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.