"Bucle". Filloas xúntase co MC Amorodo no videoclip do primeiro adianto do seu vindeiro LP

O vigués Iago Galego, FILLOAS, estrea "Bucle", o primeiro adianto do seu vindeiro disco longo. Unha canción en clave urbana, en colaboración co MC de Arbo AMORODO e cun videoclip producido por TOXO VERDE, na que o de Coruxo volta explorar lugares comúns dos desacougos da xeneración millennial, sempre baixo a sombra do desamor. O 25 de marzo FILLOAS estará en Bruxelas no Festival Emigrason xunto a Familia Caamagno, Fillas de Cassandra, Berto e The Rapants. 

Créditos

bucle - Filloas x Amorodo 

Un filme de @toxoverde: Saia Vermella e José Pereira. 

Agradecementos: Nai Chus, Iván, Tía Paz e Tía Angelita

Máis de Filloas en VINTE

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Filloas

    A Regueifa Plataforma 2.0 presenta a segunda entrega das Miudiño Sessions, eses microconcertos de bandas e solistas galegxs filmados en localización singulares. Nesta ocasión o protagonista é o vigués Iago Galego, que baixo o alcume de FILLOAS editou antes do verán un sorprendente disco de debut.

    Música
  • "Mediocre". Chega de Vigo un pioneiro do urban-pop-punk chamado Filloas

    O vigués Iago Galego debuta co seu proxecto en solitario, Filloas, mesturando sen prexuizo ingredientes que a priori non convidan á maridaxe pero que unha vez pasados pola pedra quente dan lugar a unha proposta inédita na música galega: melodías pop pegañentas, voces trapeiras enchoupadas de autotune, guitarras afiadas fillas do estoupido do 77 e ritmos urbanos acelerados que piden a berros pista de baile. 

    Música
  • "Galicia". Filloas repasa no seu novo videoclip os tópicos galegueiros a golpe de gaitas e de trap

    O vigués Filloas estrea videoclip para "Galicia", un dos temas mais reivindicativos do seu recente disco de debut. En clave trapeira e con moita retranca e non menos carraxe pon diante do espello a ese pseudogaleguismo selectivo que abraza sen reparos todo canto tópico galaico hai, excluindo específicamente elementos esenciais para a supervivencia da propia galeguidade coma a lingua ou o dereito a existir. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.