"Galicia". Filloas repasa no seu novo videoclip os tópicos galegueiros a golpe de gaitas e de trap

Chéganos desde A Regueifa o novo videoclip de Filloas, moi acaído para este 25 de xullo: «O vigués Filloas estrea videoclip para "Galicia", un dos temas mais reivindicativos do seu recente disco de debut. En clave trapeira e con moita retranca e non menos carraxe pon diante do espello a ese pseudogaleguismo selectivo que abraza sen reparos todo canto tópico galaico hai, excluindo específicamente elementos esenciais para a supervivencia da propia galeguidade coma a lingua ou o dereito a existir. Producido por A Cova, o videoclip ven ser unha sorte de Pantomima Full dedicada aos patufos desleigados máis habituais, coa participación dos Feijoo e Marcial Dorado de Coruxo na praia, crema includa, como momento estelar.»

Créditos

Escrito, dirixido e producido por "A Cova" (2022)

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.