Chicharrón presenta o EP 'Vitoria', música posible para o amor prohibido

Un son luminoso para os tempos escuros. Para os que vivimos na actualidade e para os da ditadura franquista, época en que transcorre a historia de amor real de dúas mulleres que inspirou o novo EP de Chicharrón, Vitoria.

A banda de Carballo explica que cada unha das catro cancións que compoñen o seu novo traballo é unha posibilidade distinta para esta relación.

O EP, publicado con Acuarela, foi gravado por Matías Unruh nos Estudios Monogram de Carballo e por Arturo Vaquero e Marco Maril nos Estudios Abrigueiro de Friol.

Créditos

Videoclip de Sara Iglesias para “Vitoria”, canción incluida no EP Vitoria (Acuarela Récords 2025).

 

Agradecemento especial para Alberto da Silva pola súa colaboración.

 

Canción producida por Matías Unruh e masterizada por Marco Maril.

Tamén che interesa

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Chicharrón

    Chega unha nova entrega das Miudiño Sessions da man d'A Regueifa Plataforma 2.0, desta volta con Chicharrón na compaña de Rosalía Fernández Rial nunha localización que resultou ser ben especial, a galería de arte de Manolo Eirín en Carballo.

  • "Instante de area". O videoclip que Chicharrón fixo na casa das amigas

    Presentamos en primicia o novo videoclip  de Chicharrón na véspera do lanzamento do seu sexto álbum. «Este inverno fixemos unha xira moi especial na que presentamos o sexto disco de Chicharrón, 'O que nos queda por non dicir', nos salóns de seis persoas; todas elas amigas que foron moi importantes para nós na nosa primeira década de historia». 

    Música
  • Chicharrón. Gran exorcismo pop

    Neste 1 de marzo Chicharrón publica novo LP. Un traballo marcado pola morte da nai de Alberto Martínez Vecino, vocalista do grupo, no que o graode intensidade emocional chega a nivéis só posibles en creacións dunha índole tan persoal como a que agocha tan vibrante conxunto de cancións. O propio Alberto regálanos un diario íntimo sobre a gravación dun álbum sen igual dentro do que se entende como exorcismo pop.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.