"Instante de area". O videoclip que Chicharrón fixo na casa das amigas

Presentamos en primicia o novo videoclip  de Chicharrón na véspera do lanzamento do seu sexto álbum, que presentaron dun xeito moi especial nos úilmos meses e así nolo contan. 

«Este inverno fixemos unha xira moi especial na que presentamos o sexto disco de Chicharrón, 'O que nos queda por non dicir', nos salóns de seis persoas; todas elas amigas que foron moi importantes para nós na nosa primeira década de historia. 
Este videoclip é un documento gráfico destes concertos, feito do mesmo xeito que a xira, entre todas as participantes. O gran Juan Lesta encargouse de darlle forma.
Instante de area é a canción que eliximos para o videoclip, simplemente porque nos divirte moitísimo tocala».

Créditos

Unha montaxe de Juan Lesta, a partir das imaxes gravadas co móbil entre a xente que asistiu a estes seis concertos domésticos de Chicharrón. 

Tamén che interesa

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Chicharrón

    Chega unha nova entrega das Miudiño Sessions da man d'A Regueifa Plataforma 2.0, desta volta con Chicharrón na compaña de Rosalía Fernández Rial nunha localización que resultou ser ben especial, a galería de arte de Manolo Eirín en Carballo.

  • Chicharrón. Gran exorcismo pop

    Neste 1 de marzo Chicharrón publica novo LP. Un traballo marcado pola morte da nai de Alberto Martínez Vecino, vocalista do grupo, no que o graode intensidade emocional chega a nivéis só posibles en creacións dunha índole tan persoal como a que agocha tan vibrante conxunto de cancións. O propio Alberto regálanos un diario íntimo sobre a gravación dun álbum sen igual dentro do que se entende como exorcismo pop.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.