Café Derby 21. A despedida, con Nico, Carme e Adrián

Chegou o momento. Presentamos o derradeiro programa do Café Derby 21 e nesta ocasión somos os nosos propios convidados. Contamos con algunhas das vosas preguntas e tamén nos sinceramos sobre algúns aspectos dos que quizais quedaba algunha dúbida. Pero todo se resume nesta última hora de conversa con Adrián, Carme e Nico parolando sobre a despedida, con anécdotas, recordos e consellos.
Grazas por todos estes anos de confianza! 

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

Co patrocinio de Deleite.

Co patrocinio de

Tamén che interesa

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Despedida do Café Derby 21. «Queremos marchar no alto. Non é que esteamos cansos de aguantarnos»

    «Morre un podcast. Nace un mito». Jorge Guitián resumía deste xeito tan conciso e acertado nun tuit a deriva do podcast Café Derby 21, que vai ser enterrado por todo o alto o 27 de xuño cunha festa en Santiago. Despois de catro anos e máis dun cento de programas, Nico Carreira, Carme D. Prol e Adrián Lede, dan por pechada unha etapa do exitoso podcast sen renunciar a reinventalo con máis medios e contidos audiovisuais. 

    «É bastante triste rematar como María Teresa Campos, suplicando un programa polas televisións, en lugar de desaparecer e quedar como un fenómeno dun momento; e máis no noso caso, que comezou como unha tertulia e queda como un repositorio da Galicia dun tempo e dun momento», argumenta Nico Carreira. 

    Podcast
  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. O futuro, con Xacobe Pato

    Chegamos ao noso último programa con convidado, xa que esta temporada remataremos dun xeito distinto. E, como xa sabedes, tamén ao final do podcast. Lembrade que celebraremos un derradeiro Café Derby 21 o xoves 27 de xuño, ás 19:30 horas no Riquela Club, en Santiago de Compostela.

    Como somos moi de pechar ciclos con significado, quixemos contar co padriño do noso podcast para darlle final. O escritor Xacobe Pato pasou polos nosos micros hai 4 anos e volve agora para falar do futuro, non tanto como ciencia ficción, senón como as proxeccións, o medo ao que estar por vir ou a idealización do futuro.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. O teatro, con Lidia Veiga

    O novo programa do Café Derby 21 sobe ao escenario para abordar o drama, tratar os grandes temas da vida e... falar de Manuel Fraga. En concreto, de Iribarne, a obra de teatro que está dando a volta a Galicia, esgotando entradas alí onde vai e converténdose en todo un fenómeno popular. 

    Para parolar sobre o teatro contamos coa actriz Lidia Veiga, tamén coñecida como integrante do podcast Exército Mekemeke. 

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. O pasado, con Fillas de Cassandra

    Son moitas as persoas que pedían este momento e por fin podemos confirmar que se fixo real: Fillas de Cassandra no Café Derby 21! Atopámonos co dúo galego logo do seu masivo concerto en Santiago de Compostela ante miles de persoas. Aínda con folgos, tiveron todo o ánimo para falar sobre o pasado.

    Con Fillas de Cassandra parolamos das herdanzas e o que queremos legar, de tataravoas, de vivir no presente e non deixarse levar por recordos sesgados ou das músicas de onte e máis atrás, entre outros moitos temas.

    Podcast

    Co patrocinio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.