“Arder”, folk rock intenso no debut en galego de Escuchando Elefantes
“Arder” é un tema de folk rock intenso, alegre e reflexivo que chega acompañado dun videoclip no que Sílvia Rábade e Carlos Tajes contaron coa colaboración de intérpretes galegos como Xosé A. Touriñán, María Vázquez e Ledicia Sola, ademais da participación do corpo de bombeiros da Coruña.
Xunto a eles, un coro de cantareiras galegas e case un centenar de persoas anónimas uniron as súas voces ao unísono para cantar como un himno o retrouso de "Arder" coa clara mensaxe de que xuntos temos máis forza que calquera incendio e poñendo en valor o espírito da resiliencia, a música e o baile como vínculo de unión ante a catástrofe, segundo explican desde a banda.
Un novo sinxelo cru e honesto de Escuchando Elefantes, que asina así a súa primeira canción orixinal en galego.
Créditos
ARDER
Sello discográfico: Vela Mūsa - SGAE
Idea orixinal, creación e dirección: Carlos Tajes e Sílvia Rábade
Productor fonográfico: Carlos Tajes e Sílvia Rábade
Produción musical e artístico: Carlos Tajes e Sílvia Rábade