‘Ten que haber un sitio para nós’, pop-rock honesto no primeiro disco de Portosanto
Portosanto presentou esta semana o seu primeiro disco, Ten que haber un sitio para nós, editado por Ernie Records. O LP -formado por dez cancións- supón o punto de partida dunha nova etapa para unha banda integrada por Anaís, Andrés,Nuno, Simón e Xoel, os mesmos membros que anos atrás deron vida a Oh! Ayatollah.
Desde a banda explican que, musicalmente, ‘Ten que haber un sitio para nós’ móvese nun pop rock de guitarras luminosas e afiadas, con nervio melódico e unha intensidade que medra desde a contención”.
Gravado baixo a produción de Jacobo Naya, o álbum aposta por unha sonoridade clara e directa, aseguran, onde que as guitarras ocupan o primeiro plano e a voz móvese entre a vulnerabilidade e a determinación. Non hai exceso nin ornamento innecesario: o traballo céntrase en deixar que as cancións respiren e avancen, con honestidade e sen artificos. No plano lírico, o disco afonda nunha idea recorrente: a de medrar e asumir que as certezas prometidas non chegan.
Créditos
Vinte de agosto
VÍDEO
Escrito e dirixido por Xaime Miranda
CANCIÓN
Intérpretes: Nuno Pico, Andrés Real, Anaís Fernández, Xoel Geada, Simón Cuba.
Compositores: Nuno Pico, Andrés Real, Anaís Fernández, Xoel Geada, Simón Cuba.
Produción: Jacobo Naya
Mezclador: Lucas Piedra
Letrista: Nuno Pico
Publicación: Ernie Records