MJ Pérez canta “Bingo!” en portugués, con retranca e merengue
A peza máis “dicharacheira e graciosa” do seu último traballo, Je tiens bon, pero tamén unha das máis fondas. MJ Pérez define así a canción “Bingo”, que vén de estrear un videoclip para non perder.
Cunha sonoridade inesperada —un merengue luminoso e bailable—, a canción funciona como contrapunto a un fondo marcado pola incerteza, a precariedade e a frustración vital. A través do humor e da retranca, MJ Pérez aborda cuestións como a inestabilidade económica, a dificultade para vivir da creación (e non só) ou a sensación constante de estar facendo números para saír adiante. Unha contradición consciente entre forma e fondo: música alegre para falar de todo o contrario. O tema, cantado en portugués, mestura influencias que van do merengue a ecos do fado, nunha produción de Peter Petrowski.
O videoclip destaca polo seu elenco, con Ailén Kendelman e Areta Bolado —ex compoñentes de A Panadaría— ou o actor Fran Paz (coñecido por traballos en series como Rapa). A peza, dirixida pola propia MJ. Pérez xoga coa imaxe da ostentación e o aparente luxo fronte a unha precariedade que se filtra en cada detalle.
Créditos
A música
Composição e voz: MJ Pérez
Percussões: Ailén Kendelman
Guitarra: Alberto Romero
Saxofone alto, tenor e arranjos de sopros: Richi Casás
Trombone: Xiana Naval
Trompete: Maria Prado
Produção, mix e master: Peter Petrowski
Coros: Ailén Kendelman e Areta Bolado
Intervenções especiais: Baia Fernández, Peter Petrowski e Dina Ferreira
O videoclipe
Produzido por: MJ Pérez
Direção: MJ Pérez
Direção de fotografia: Iago Vilarinho
Direção de arte: Gustavo Dieste
Assistente de produção: Jose Pereira
Auxiliar de produção: Sara Rodríguez
Maquilhagem e cabelos: Baia Fernández