“Que se nos faga de día” De Ninghures e Mondra teñen gana de verán
Estoupar os bilitroques/ Ir por amoras/ Deitarse na herba seca/ Xuntarse nun bar/ Sentir o salitre no corpo/ De ir nadar ao mar/ Cheirar o fume na roupa/ Na noite de San Xoán
De Ninghures e Mondra xúntanse por vez primeira para festexar e cantar ao verán galego. “Que se nos faga de día” é o título dunha canción que cheira a salitre, herba seca e fume de San Xoán, que fala de amor, de suor e, especialmente, de deixarse levar. Juan de Dios Martín produce esta rumba que se converte nunha auténtica oda ao estío galego, segundo subliñan desde a produtora. É un canto vigoroso á época das verbenas, dos días luminosos e das noites que nunca se queren deixar marchar; a celebración dunha terra que, tanto no mar coma na montaña, non deixa de cantar.
Créditos
Produción: Juan de Dios
Gravación e mistura: Juan de Dios en Casadiós
Máster: Black Box Mastering
Dirección: Adela Otero e Lorenzo Negueruela
Dirección de produción: Adela Otero
Dirección de fotografía: Lorenzo Negueruela
Dirección de arte: Melania Freire
Axudante de arte: Sofía Seijas
Xefas de vestiario: Adriana Lado e Sofía Seijas
Xefa de maquillaxe e perruquería: María Ferradás
Montaxe e cor: Lorenzo Negueruela
Compositor (es): Adrián Méndez Fernández, Aldara Palmeiro Pazos, Adrián García Pérez, Manuel Fernández López, Manuel Lucas Mariño, Marta Álvarez Díaz, Martín Mondragón, Tomé Mouriño Covelo
Letrista (s):, Adrián MéndezFernández, Aldara Palmeiro Pazos, Adrián García Pérez, Manuel Fernández López, Manuel Lucas Mariño, Marta Álvarez Díaz, Martín Mondragón, Tomé Mouriño Covelo