De Ninghures actualiza a copla tradicional e canta ao mal amor en "O último baile"
De Ninghures vén de estrear “O último baile”, o terceiro adianto do seu novo álbum, un traballo producido por Juan de Dios Martín que verá a luz nas vindeiras semanas.
“O último baile” parte dunha copla recollida en 1979 en Arzúa por Dorothé Schubarth á informante Salomé e que se atopa no APOI (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade). A partir desta lírica da tradición popular, e fiada polos propios versos e música de De Ninghures, nace un tema que fala do mal amor, «ese amores que se che meten na cabeza e que nos consomen», segundo apuntan desde a banda. Unha idea que se reforza a través dunha instrumentación escura e hipnótica e dunha sonoridade agresiva, que medra ata entrar en bucle, “como se fora unha obsesión que te encende e te destrúe a partes iguais”, detallan.
De Ninghures pulicaron en 2022 publicaron Aquí, o seu primeiro álbum, e máis de medio cento de concertos -e algúns sinxelos despois coma o exitoso “Morena”, galardoado como Mellor Música do Ano en Galicia nos Premios Ari(t)mar, ou a enérxica muiñeira de montaña “Poço”-, a comezos de 2025 presentarán traballo novo, do que xa se coñecen Corazón Alionado e A Burriña.
Créditos
Dirección e gravación: Lorenzo Negueruela
Dirección creativa: Melania Freire
Produción: De Ninghures e Lorenzo Negueruela
Rótulo: Iago Barreiro
Música: Manuel Lucas, Aldara Palmeiro
Letra: Tradicional
Produción: Juan de Dios Martín e De Ninghures
Gravación e mistura: Juán de Dios Martín en Estudio CasaDios e Estudios Mans
Máster: Miguel A. Gonzalez (Blackboxmastering)
Distribución: @Altafonte
Comunicación: Lucía Pita (The Office)
Management: @tremendoaudiovisual2871