A viguesa Akazie «descolocará» o público do Sónar de Barcelona

«Normalmente busco músicas con sons abstractos, rotos, procesados... Doutra banda tamén sinto unha vinculación moi forte cara ás rítmicas; estímulos que me fagan pensar en tocar a terra coas mans. En todo o que fago hai algo de dixestión identitaria e de respecto profundo pola terra».

A viguesa Acacia Ojea (Akazie) será a única artista sonora galega presente na edición deste ano do Festival Sónar de Barcelona, que se celebrará a mediados de xuño. Akazie é un exponente da escena postclub, que aposta por unha concepción experimental da electrónica de baile e salienta en ritmos e texturas sonoras de alta complexidade.

Compartimos aquí o SónarMix, onde a artista viguesa inclúe case unha trintena de temas condensados nunha sesión dunha hora de duración. «Pódense atopar escintileos dalgúns xéneros que me atravesan forte como o hard drum, o tarraxo, o rough kuduro, o funk mineiro, o quom, a muiñeira, a batida, o foley-trap, ou o grime», explica a propia artista. A creatividade do vídeo que acompaña o lanzamento do mix foi realizada pola artista visual granadina Natalia Stuyk.

No Sónar 2024 Akazie pretende «sorprender e descolocar un pouco» traballando en colaboración coas artistas visuais Natalia Stuyk e Arancha Brandón

Créditos

Tracklist do SónarMix:


Didier XCX, GRIG & pan_x - It’s Late Not Latte (/pulsr_ Remix) 
Lorem ft. Acre - Raheem 2
MYEN - HASS HEX
Dj Doraemon - Rebenta
Atice - Aracaea
Wanton Witch - Aerial Battle
Nazar - Them Man
GILA - Trench Cadence
Bad Zu - 80%
avas - DUO
Dominowe - GHOST
B E N N - Sirius
Xiao Quan - New Ties
Ship Sket - Perverting Baile
Anderson do Paraiso - UNIÃO DOS RLK
Tapefeed - Plain View (Cocktail Party Effect Remix)
P. ADRIX - Abertura da Roda
Qeei - Papila
NAJIB - Metastasis
dj meddle - speed is life, speed is death
Lechuga Zafiro - Sapo Diablo
Animistic Beliefs - Call of the Tahuri
Klahrk - Inside
MC Yallah - Baliwa
Flowdan - Shell A Verse (Slikback Remix)
Lorem - Are Eyes Invisible Socket Contenders
Gonçalo Penas - O Baixo Na Corda Bamba
Antía Muíño - O Paxaro

 

O vídeo foi realizado pola artista visual granadina Natalia Stuyk.

Máis Vinte

  • Arancha Brandón dispáralles aos estereotipos

    Máis que chegar ao mundo da moda, foi a moda a que entrou aos poucos no seu maxín. E o seu interese foi crecendo na medida en que se decataba do seu propio corpo. Arancha Brandón asina cada proxecto cun recoñecemento: será a protagonista da sección Terra do Festival Curtocircuíto e o seu traballo foi seleccionado por PhotoVogue como novo talento para expor en Milán. «Desde que comecei a traballar en moda tiña claro que non era para formar parte dun sistema que consolide estereotipos», asegura.  E como executar esa revolucion? Disparando sen parar.

    Fotografía
  • Cora Novoa. Da melodía á escuridade

    A artista ourensá Cora Novoa, recoñecida Dj e produtora de música, comparte con VINTE os seus primeiros pasos creando música con sintetizadores e como observa a acollida da música electrónica no noso país. Prepara un novo álbum para este ano e fálanos do seu último EP, 'Rituals', editado co selo alemán Second State.

    Música
  • Carabela. A banda noiesa presenta o seu debut, 'Nó', con este directo

    Contan n'A Regueifa Plataforma 2.0 que cando na túa colección de discos comparten espazo privilexiado tanto o Kid A de Radiohead coma o Isué de Mercedes Peón acontecen cousas tan especiais coma este . O primeiro EP da banda noiesa Carabela, unha confluencia entre as correntes do indie pop, a electrónica e a música tradicional. O trío barbanzán vén de ser escollido finalista nos Premios Martin Codax da Música na categoría de electrónica e presenta unha peza audiovisual co son gravado ao vivo no que interpretan o seu tema “Catro pesos”.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.