Exército Mekemeke | 5x01 Estamos de volta
Despois dunha longa espera, os mekemekes voltan ás andadas cunha nova tempada cargada de novidades e cousas choooolísimas.
Facemos un repaso importante a estes últimos meses e arrincamos coa tempada, mais antes poñémonos o cinto, porque a seguridade é moi importante.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e nesta quinta temporada, co Xubi.
Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.