Volven as curtas das Novas Camadas ao Festival de Cans e a VINTE

VINTE

Este mércores, 20 de maio, ás 19.00 horas o Baixo de Carlos acollerá a proxección das once curtas de novas e novos autores seleccionadas nesta XXIII edición do Festival de Cans, as Novas Camadas. E como cada ano en VINTE ofrecemos a posibilidade de ver todos estes traballos de mozas e mozos menores de 25 anos en exclusiva. A partir do luns 25 estrearemos cada día unha obra ás 12:00 h. (de luns a venres), que estará dispoñible durante 24 horas para a súa libre visualización. As proxeccións en VINTE acabarán o luns, 8 de xuño, coa curta gañadora desta edición. Velaquí un resumo de cada traballo.

Co patrocinio de

Este mércores, 20 de maio, ás 19.00 horas o Baixo de Carlos acollerá a proxección das once curtas de novas e novos autores seleccionadas nesta XXIII edición do Festival de Cans, as Novas Camadas. E como cada ano en VINTE ofrecemos a posibilidade de ver todos estes traballos de mozas e mozos menores de 25 anos en exclusiva. A partir do luns 25 estrearemos cada día unha obra ás 12:00 h. (de luns a venres), que estará dispoñible durante 24 horas para a súa libre visualización. As proxeccións en VINTE acabarán o luns, 8 de xuño, coa curta gañadora desta edición. Velaquí un resumo de cada traballo.

  • 01

    El Columpio

    Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Silvia Martín Blanco

    Banda sonora: Mariña Paz

    Intérpretes: Uxía Suárez, Raúl de Celis

    Vai de: Desde unha perspectiva antropolóxica e colectiva, a curta busca pescudar nas diferentes significacións e interpretacións da nostalxia, tratando aspectos coma a migración e formulando cuestións tan primarias coma se a nostalxia, daquela, é boa ou é daniña?

    O detalle: Debut, como directora e montadora, da pontevedresa Silvia Martín, interesada fundamentalmente na creación de pezas de carácter ensaístico.

  • 02

    Patacas

    Dirección e guión: Luís Alejandro Riveiro Rojo 

    Produción: Paula Ríos García 

    Montaxe: Sergio Baluja Ferraces 

    Fotografía: Jimena Torres González e Lola Díaz Fole 

    Música: Samuel Lago 

    Xénero: Animación

    Vai de: Pataquia, unha pataca antropomórfica con brazos e pernas, está pechada nunha caixa de patacas. Síntese decepcionada polo lugar, escuro, ata que ve unha man que baixa do ceo para recoller as súas compañeiras. Pataquia intenta que a man a escolla para “subir ao ceo”, pero non o consigue. Pataquia non sabe que o ceo non é un lugar tan seguro para unha hortaliza coma ela pensa 

    O detalle: Luis Alejandro é de Coristanco, terra das patacas, e compartiu a creación da súa curta, o ano pasado, con 18 alumnos do grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos da Universidade da Coruña.

  • 03

    Amor Líquido

    Dirección, guión e montaxe: Dani Blue

    Produción: Mar Sevilla 

    Fotografía: Eva García

    Intérpretes: Marga Sanz, Andrés Villaverde, Nano Rivas e Rocío Barros 

    Vai de: Andrea e Marcos preparan unha cea familiar cunha nova importante que compartir: tras dous anos de matrimonio, vanse separar. E non hai motivo concreto. Un drama íntimo sobre a disolución emocional nunha sociedade onde os lazos se volven inestables e todo semella temporal, mesmo os sentimentos 

    O detalle: Tras o nome de Dani Blue, está Daniel Rodriguez Machado, autor do Porriño, onde rodou toda a curta. Estudou na Facultade de Comunicación en Santiago de Compostela.

  • 04

    Unha persoa, un obxecto

    Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Iago Lourido Calvo

    Xénero: Documental Interveñen: Toño, Carmen, Blanca, Mari Ángeles, Guillermo, Isabel, Carmen, Gimena e Ángeles

    Vai de: Testemuñas de persoas do concello de Trabada ao seren preguntadas polo seu obxecto con máis valor. Non de valor económico ou material, senón ese “algo” que gardan nos seus máis prezados recordos 

    O detalle: O creador, natural de San Sadurniño, contou para a realización da curta, como axudantes de produción, co director Alfonso Zarauza, a actriz Ledicia Sola e o actor Miguel de Lira, entre outros. Realizou os estudos de Fotografía na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela.

  • 05

    Maronda

    Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Blanca Navarrete e Antía Rodeiro

    Banda sonora: Olga Martínez 

    Reparto: Alexia Piñeiro Segura e Nuria Saco (voz) 

    Vai de: Maronda é un termo empregado en Galicia para referirse á literatura LGTBIQ+. Tamén dá nome a esta peza que combina palabra, música, danza, material de arquivo e animacións para construír un relato sensorial e íntimo que reivindica a necesidade de representación queer na literatura

    O detalle: As directoras debutaron na pasada edición nesta sección co documental O Corpiño.

  • 06

    Galicia non arde

    Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Martín Rothardt Veiga

    Reparto: Mateo Quindós Adrán

    Vai de: “Cando xa non hai sitio para a dor que pode provocar un bidón de gasolina e un chisqueiro sobre a terra que un habita, nas caras dos culpables concéntrase toda a ira”, di Rothardt dunha curta sobre os incendios, Galicia e a culpabilidade.

    O detalle: Cun filme rodado por tres persoas durante tres días nos que os incendios ameazaron Lugo, o creador lugués busca, a través da fotografía, da cor, do son e dunha montaxe vangardista crear un espazo sensorial no que o espectador se mergulle nunha experiencia plena. Martín Rothardt formouse na Universidad Complutense de Madrid.

  • 07

    O mar é o meu chan

    Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Martín Rothardt Veiga

    Reparto: Mateo Quindós Adrán

    Vai de: “Cando xa non hai sitio para a dor que pode provocar un bidón de gasolina e un chisqueiro sobre a terra que un habita, nas caras dos culpables concéntrase toda a ira”, di Rothardt dunha curta sobre os incendios, Galicia e a culpabilidade.

    O detalle: Cun filme rodado por tres persoas durante tres días nos que os incendios ameazaron Lugo, o creador lugués busca, a través da fotografía, da cor, do son e dunha montaxe vangardista crear un espazo sensorial no que o espectador se mergulle nunha experiencia plena. Martín Rothardt formouse na Universidad Complutense de Madrid.

  • 08

    Ausencia

    Dirección, guión produción, montaxe e fotografía: Gema Rodríguez Pérez

    Vai de: Mediante un percorrido introspectivo e autobiográfico, nace Ausencia, unha catarse chea de pérdida, dó e aceptación; a sutura a unha ferida aberta e o refuxio dunha tristeza aínda presente 

    O detalle: A autora emprendeu a súa carreira artística como estudante de Belas Artes na Universidade de Vigo e agora cursa asignaturas no ámbito audiovisual que a impulsan a adentrarse no cinema experimental e de autor.

  • 09

    Nuno

    Dirección, montaxe e fotografía: Antía Iglesias Iglesias 

    Guión: Antía Iglesias e Martín Joga 

    Produción: Produciós OU ké! S.L 

    Banda sonora: Dani Cornes

    Xénero: Animación 

    Vai de: Nuno ten un ano e pico e vive cos pais, que o coidan con amor. Está na idade de botar a falar, pero os pais falan de forma diferente cando o fan entre eles que cando se dirixen a el. E Nuno non sabe de que xeito ten que falar. Polo de agora, vai agardar un pouco, a ver se os seus pais se aclaran 

    O detalle: Antía, graduada en Creación Dixital, Animación e Videoxogos, debuta con esta curtametraxe que foi premio á mellor TFG con temática galega na UDC.

  • 10

    A Xerarquía das Ausencias

    Dirección, guión e montaxe: Eva Vaeli

    Produción: Nidara Studio

    Fotografía e banda sonora: Manu Sacoga 

    Intérprete: Sara Xiari

    Vai de: Unha figura fantasmagórica, chegada dun futuro que nunca foi, viaxa á Terra na procura de consolo para a súa dor 

    O detalle: Eva Vaeli, graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, xa concursara nesta sección, na pasada edición, coa curta Senda Estrela.

  • 11

    aiM

    Dirección, montaxe e fotografía: Sabela Mar 

    Guión: Sabela Mar e Lucía Andrés 

    Produción: Georgia Pitchfork

    Banda sonora: Cristian Y. Fonollá 

    Intérprete: Ash Diz (voz)

    Vai de: Unha bailarina, Mia, a piques de facer a súa primeira actuación, é forzada a confrontarse consigo mesma ao quedar atrapada na sala de ensaio. O seu reflexo, aiM, cobrará vida e levará a Mia por un camiño de autodescubrimento. Enfróntate ao espello ou déixate consumir por el. 

    O detalle: A directora de Ponteareas fogueouse nos videoclips antes de rodar esta curta. Estudante de Comunicación Audiovisual na Universidade Carlos III de Madrid, a curta foi filmada na Universidade de Coventry, en Reino Unido, onde cursa o programa Erasmus.

Tamén che interesa

  • Novas Camadas 2025. Dez curtas para ver en Cans e tamén en VINTE

    As Novas Camadas volven ao Festival de Cans... e a VINTE! Este mércores 21 de maio, a partir das 18.30 h, o Baixo de Carlos acollerá a proxección das dez curtas seleccionadas de autores e autoras menores de 25 anos. E a partir do luns, 26, estrearemos cada día unha obra en VINTE, en exclusiva, durante 24 horas ata o venres 6 de xuño, cando pechará a rolda de proxeccións a curta gañadora deste ano. As estreas serán ás 12.00 horas. Aquí vai un pequeno resumo de cada traballo.

    Cinema

    Co patrocinio de

  • Dez curtas das Novas Camadas para ver en Cans e en exclusiva en VINTE

    A XXI edición do Festival de Cans xa está en marcha no Porriño e este mércores chega unha das seccións máis agardadas: Novas Camadas, coa proxección das curtas a concurso desde as seis da tarde no Baixo de Carlos. Coa colaboración de Deleite, este ano compiten un total de 10 curtas de novos creadores e creadoras procedentes das facultades e escolas audiovisuais. Ademais, desde o 3 de xuño poderás ver en exclusiva cada un destes proxectos a través de VINTE. Velaquí un pequeno resumo de cada traballo.

    Cinema

    Co patrocinio de

  • Vinte almorzando en Cans con Nerea Barros

    A voz profunda e serena de Nerea Barros protagoniza este novo almorzo con Deleite, que fixemos no Festival de Cans, onde a actriz e directora recibiu o Chimpín de Prata. Gañadora dun premio Goya polo seu papel en "La Isla Mínima", afronta agora novos retos detrás das cámaras coas longametraxes "Raíces" e "O da miña nai" . 

    Con ela falamos da súa infancia no Eixo, en Santiago, onde creceu feliz, cun campo de xogos "inmenso" ou da súa relación coa lingua galega e por que tomou a decisión de falala "o mellor posible" aos 14 anos. "Os meus pais sufriron acoso por ser galegofalantes e comigo falaban en castelán. Iso sempre foi unha ferida aberta dentro de min que me descolocaba", asegura Nerea Barros. 

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.