Novas Camadas 2025. Dez curtas para ver en Cans e tamén en VINTE

VINTE

As Novas Camadas volven ao Festival de Cans... e a VINTE! Este mércores, a partir das 18.30 h, o Baixo de Carlos acollerá a proxección das dez curtas seleccionadas de autores e autoras galegas menores de 25 anos. E a partir do luns, 26, estrearemos cada día unha obra en VINTE, en exclusiva, durante 24 horas ata o venres 6 de xuño, cando pechará a rolda de proxeccións a curta gañadora deste ano. As estreas serán ás 12.00 horas. Aquí vai un pequeno resumo de cada traballo.

Co patrocinio de

As Novas Camadas volven ao Festival de Cans... e a VINTE! Este mércores, a partir das 18.30 h, o Baixo de Carlos acollerá a proxección das dez curtas seleccionadas de autores e autoras galegas menores de 25 anos. E a partir do luns, 26, estrearemos cada día unha obra en VINTE, en exclusiva, durante 24 horas ata o venres 6 de xuño, cando pechará a rolda de proxeccións a curta gañadora deste ano. As estreas serán ás 12.00 horas. Aquí vai un pequeno resumo de cada traballo.

  • 01

    O Corpiño

    Dirección, guión e produción: Blanca Navarrete e Antía Rodero

    Montaxe: Antía Rodeiro e Arantxa Carricoba

    Fotografía: Agustín Segura

    Xénero: Documental 

    Vai de: O Santuario da Nosa Señora do Corpiño (Santa Baia de Losón, Lalín), coñecido popularmente como “santuario dos exorcismos”, é un dos máis visitados da Galicia interior. Pero que esconde máis alá desta denominación? Por que atrae cada ano a miles de visitantes? Fe. Tradición. Milagres. Ofrecementos. Curiosidade. Festa… Todo depende dos ollos que o miren 

    O detalle: Un achegamento con mirada propia ao Corpiño, o singular santuario galego dos exorcismos. As autoras formáronse na Universidade de Santiago.

  • 02

    Lobelia

    Dirección e guión: Laura Barriga 

    Produción: Paulino Pérez, Marcos Seijo e Gabriela García

    Montaxe: Álex Rodríguez e Isaac González

    Fotografía: Hugo Carnero Música: Samuel Lago

    Banda sonora: Javier Gómez e Sara Gimeno

    Intérpretes: Mateo Rodríguez, Iris Pérez, Manuel Cortés, Isaac Abengoza, Jorge Destar e Uxía Suevos 

    Vai de: Roi é un estudante de filosofía que, inspirado pola última clase sobre a teoría da auga de Heráclito, enfróntase ao reto de aproveitar cada momento como único. Tras un encontro fortuíto con Alba, unha moza que lle gusta, Roi decide falarlle. Conforme comezan unha relación que vai progresando durante varios anos, Roi goza da vida con máis plenitude, inspirándose nos consellos dela para tomar riscos e aproveitar as oportunidades que se lle presentan. Finalmente, Roi e Alba regresan ao lugar onde se coñeceron e descúbrese que nada foi parte real, senón pura fantasía de Roi. 

    O detalle: O detalle: Alumna da Universidade de Vigo, Laura Barriga elixiu na curta un interesante elenco de novos intérpretes.

  • 03

    Seres de Luz

    Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Hugo Carnero

    Xénero: Documental

    Vai de: Nunha proposta dividida en tres actos con cadanseu xeito narrativo e visual, Carnero móstranos a súa mirada persoal sobre a luz, entendida coma un elemento fundamental no desenvolvemento da vida que inflúe na percepción do cosmos e nas emocións humanas. 

    O detalle: A través dunha peza en tres actos, o autor achega unha mirada singular acerca da luz, da súa percepción e das emocións que evoca.

  • 04

    Solposto

    Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Iago Lourido Calvo

    Banda sonora: Brown Eyed Girl, de Van Morrison

    Reparto: Carmen Bouza, Miguel Sanjurjo, Juan Roca, Pablo Martínez, Laura Prieto e Kevin Lorenzo 

    Vai de: Solposto é un lugar ben curioso. Acompañamos a Miguel e Maruxa no seu día a día como residentes na localidade

    O detalle: Formado en fotografía na Escola Mestre Mateo de Compostela, Iago Lourido é unha das grandes promesas saídas da canteira inesgotable do Chanfaina Lab.

  • 05

    Ciudá de ladrillo

    Dirección e produción: Carlota Álvarez Feijóo

    Reparto: Teresa González, Erundina González, Maruja Vázquez, Peregrina Fernández

    Vai de: Máis dunha vintena de familias, na súa maioría labregas, construíron a súa propia historia. Agora esa historia só permanece na memoria das poucas veciñas que quedan, esas “muchachas que andaban sempre de pertenera”, a avoa da realizadora entre elas. 

    O detalle: A directora, formada na USC, volve a aldea onde reside a súa familia para atoparse de novo co seu pasado e trazar un retrato sobre o despoboamento.

  • 06

    Senda Estrela

    Dirección, guión e montaxe: Eva Vaeli e Manu Sacoga

    Produción: Nidara Studio 

    Fotografía e banda sonora: Manu Sacoga

    Reparto: Paula Gavilán

    Vai de: Logo de rebuscar entre os anacos da súa infancia, a protagonista emprenderá unha viaxe para realizar algo insólito: celebrar o seu propio funeral

    O detalle: Os directores, formados na Universidade de Vigo, son participantes habituais, nas últimas edicións, da sección Novas Camadas.

  • 07

    Liminal station

    Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Mario Fernández Filloy 

    Vai de: Unha gata vive nunha estación de tren abandonada, solitaria e melancólica, esperando volver ver o gato dos seus soños. Os trens pasan, pero nunca paran, e ela confía en que algún día un se deteña e aquel gato apareza.

    O detalle: Curtametraxe realizada a partir das gravacións de dúas gatas ao longo de varios meses. Mario F. Filloy regresa a Novas Camadas con esta curta de imaxe real, despois de concursar na sección coa peza de animación Illa Cordura, que sería finalista dos Mestre Mateo.

  • 08

    A memoria das pedras

    Dirección, guión e montaxe: Pablo Goirigolzarri Pascual e Adela Hervés García

    Produción: María Gamallo, Pablo Goirigolzarri e Adela Hervés

    Fotografía: María Gamallo Banda sonora: Quique Rubio Intérpretes: Chelo Lamela e Nani Matos

    Vai de: Nunha aldea do interior de Galicia unha muller de avanzada idade, Dorinda, fai fronte ao desacougo de sentir a espreita da morte. Porén, cando tralo cabodano da súa mellor amiga un inusual desvío a leva a redescubrir a casa onde naceu, aparece nela unha nova ilusión. Ese lugar, agora en ruínas e esquecido, convértese nun refuxio inesperado onde pode viaxar a través das súas lembranzas, revisitando o seu pasado. Rememorar e traer ao presente as experiencias vividas proporciónalle a Dorinda a calma e a serenidade necesarias para enfrontar o futuro cunha actitude distinta

    O detalle: Unha curtametraxe de ficción que explora a temática da memoria a través da combinación de imaxe real e animación 2D.

  • 09

    A Pena das Troiteiras

    Dirección, guión, montaxe e fotografía: Luján Monteiro e Alba López

    Produción: Cuatro Cuatros

    Banda sonora: Álvaro Martínez

    Intérpretes: Alba López, Luján Monteiro, Álvaro Martínez, Pablo Rodríguez

    Vai de: Cunha narrativa visualmente poética, a curta evoca lendas locais e crenzas transmitidas arredor da premonición da morte, co fío condutor dun crime (real, fabulado ou quizais metáfora da ameaza ambiental que sofre o río Eo?) polo que acusaron a dúas troiteiras de Trabada, na provincia de Lugo. 

    O detalle: Peza para a primeira edición de Cine do Eo. O proceso de creación, desde as ideas ata a montaxe, transcorreu en 24 horas.

  • 10

    Santa Compaña

    Dirección e produción: Mateo Bouzada Lorenzo

    Guión: Javier Rodríguez e Mateo Bouzada

    Montaxe: Mateo Bouzada e Juan Sánchez-Gamboa

    Fotografía: Juan Sánchez-Gamboa

    Banda sonora: Álvaro Casino

    Intérpretes: Mateo Bouzada, Miguel Ramos, Gustavo Lorenzo, Roberto Blanco e Sonia Lorenzo Vai de: Unha mañá, mentres caza, Mauro, un rapaz de 22 años que vive nun pobo afastado da Galicia interior, escoita no bosque o son de estranas campaniñas. E xa nada volverá ser igual.

    O detalle: Formado na Universidade Villanueva de Madrid, este cineasta de orixe ourensá, dirixe e interpreta este filme rodado na fronteira entre Ourense e O Bierzo.

Tamén che interesa

  • Dez curtas das Novas Camadas para ver en Cans e en exclusiva en VINTE

    A XXI edición do Festival de Cans xa está en marcha no Porriño e este mércores chega unha das seccións máis agardadas: Novas Camadas, coa proxección das curtas a concurso desde as seis da tarde no Baixo de Carlos. Coa colaboración de Deleite, este ano compiten un total de 10 curtas de novos creadores e creadoras procedentes das facultades e escolas audiovisuais. Ademais, desde o 3 de xuño poderás ver en exclusiva cada un destes proxectos a través de VINTE. Velaquí un pequeno resumo de cada traballo.

    Cinema

    Co patrocinio de

  • Novas Camadas 2023. As curtas das cineastas emerxentes do Festival de Cans

    Volve a VINTE a exhibición das 10 curtametraxes que participaron este ano no Festival de Cans, que celebrou hai uns días a súa XX edición. Durante esta semana e a que vén poderemos ver unha peza cada día –de luns a venres–, e estará dispoñible só durante 24 horas. Unha ocasión única para estar ao tanto do que se coce no novo talento do noso cinema. Aquí vos presentamos estas dez curtas. 

    Cinema

    Co patrocinio de

  • As Novas Camadas de Cans regresan a VINTE

    Rematou o Festival de Cans na súa XIX edición, que retornaba á súa data habitual do mes de maio tras dous anos de pandemia, pero a festa continúa en VINTE. Entre esta semana e a que vén publicaremos en exclusiva as curtametraxes da sección Novas Camadas Deleite: os traballos dos creadores e creadores novas, recén saídos dos centros de Audiovisual e Belas Artes de Galicia. A partir de mañá teremos cada día unha curta publicada que só se poderá ver, de balde, durante 24 horas. Aquí volas presentamos. 

    Cinema

    Co patrocinio de

  • Xisela Franco presenta as Novas Camadas Deleite 2021 do Festival de Cans

    A cineasta e docente Xisela Franco, membro xunto con Jaime Pena e Guillermo García López do xurado do Premio Novas Camadas Deleite do Festival de Cans, comenta as 8 curtametraxes seleccionadas nesta sección que imos poder ver durante os vindeiros días en VINTE. Aquí tedes a axenda de publicación. Cada curta verase só durante 24 horas, desde as 10 da mañá ata as 9:59 do día seguinte. 

    Cinema

    Co patrocinio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.