As Novas Camadas de Cans regresan a VINTE

VINTE

Rematou o Festival de Cans na súa XIX edición, que retornaba á súa data habitual do mes de maio tras dous anos de pandemia, pero a festa continúa en VINTE. Entre esta semana e a que vén publicaremos en exclusiva as curtametraxes da sección Novas Camadas Deleite: os traballos dos creadores e creadores novas, recén saídos dos centros de Audiovisual e Belas Artes de Galicia. A partir de mañá teremos cada día unha curta publicada que só se poderá ver, de balde, durante 24 horas. Aquí volas presentamos. 

Co patrocinio de

Rematou o Festival de Cans na súa XIX edición, que retornaba á súa data habitual do mes de maio tras dous anos de pandemia, pero a festa continúa en VINTE. Entre esta semana e a que vén publicaremos en exclusiva as curtametraxes da sección Novas Camadas Deleite: os traballos dos creadores e creadores novas, recén saídos dos centros de Audiovisual e Belas Artes de Galicia. A partir de mañá teremos cada día unha curta publicada que só se poderá ver, de balde, durante 24 horas. Aquí volas presentamos. 

  • 01

    A casa dos avós

    A través de imaxes experimentais e dun interesante xogo entre o son e a imaxe, Candela Conde percorre nesta curtametraxe documental os espazos da casa que construíron os seus bisavós hai 80 anos. A autora formouse na facultade de Belas Artes de Pontevedra. Estrea o martes 24 de maio. 

  • 02

    A moza da bufanda vermella

    Unha muller chinesa é interrogada na comisaría dunha pequena vila de Galicia. Seica estivo envolta nunha espiral de violencia. A historia que está a contar fará que os inspectores dubiden entre o que é real e o que non. Dirixida por Martín Caínzos –recentemente graduado da facultade de Comunicación Audiovisual da UDC– e protagonizada por Kexin Chen, Marta Doviro, Alex Caeiro e Pedro Brandariz. A proxección esta curta serviu de homenaxe póstuma a este actor, recentemente falecido, quen estivo en Cans o ano pasado. Estrea o mércores 25 de maio. 

  • 03

    Papá, mamá, por que?

    Esta peza documental que dirixiu Lucía González narra a vida de Amparo Fernández García, unha muller, nai e filla, que, malia quedar no país natal, sufriu os estragos da emigración. Unha curta demoledora sobre a emigración galega a Europa, que provocou tantos casos traumáticos de separacións entre familiares. Estrea o xoves 26 de maio. 

  • 04

    Welcome to Gardenland

    Nun mundo onde as plantas ocuparon o lugar dos humanos, a familia Jefferson está a piques de vivir un día de tolos. Welcome to Gardenland conta unha historia divertida, na que cada un dos membros da familia enfrontarase a comprometidas situacións nesa xornada tan catastrófica. O novísimo Aarón Pérez Pardiñas entra por segundo ano na competición de Novas Camadas, demostrando que é unha das grandes promesas da animación en Galicia. Estrea o venres 27 de maio. 

  • 05

    Respirar

    Un testemuño impactante dunha protagonista valente –Noelia Míguez– sobre un caso extremo de malos tratos, que se estreou no Festival de Cans da man das súas directoras, Miriam Bello e Miriam Canicoba. A curta chega desde Aturuxo Films, o proxecto pedagóxico de alfabetización cinematográfica do IES Cacheiras de Teo. Estrea o luns 30 de maio. 

  • 06

    El asesinato de R. Sánchez por el cobarde de Heidi Chester

    A desaparición dun fardo de cocaína pon en xogo a amizade entre dous rapaces nesta curtametraxe de ficción que protagonizan Javier Aparicio, Rubén Sánchez, Juan Rivera e Anxo Rojo. Prometedor debut do realizador Gabriel Rey, que se formou como cineasta en Madrid. Estrea o martes 31 de maio. 

  • 07

    Miradas

    A directora, Sandra Gutiérrez, formada Facultade de Belas Artes de Pontevedra, realizou este videodiario realizado durante o confinamento para reflexionar sobre o sentimento de soidade e as relacións interpersoais. A curta fala de como a nosa propia identidade se esvae coa das outras persoas, esquecendo quen somos quen somos. A protagonista é ela canda a súa familia e amizades. Estrea o mércores 1 de xuño. 

  • 08

    As pétalas murmuran

    Esta curta de Arantxa Ramos, gañadora da sección Novas Camadas Deleite 2022, naceu como traballo da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Achéganos os testemuños de mulleres de tres xeracións que relatan a pegada dos procesos migratorios na súa identidade.  A memoria transforma as lembranzas e a mirada da mocidade presenta, novamente, as inquedanzas dunha Galicia cíclica. Estrea o xoves 2 de xuño.

En camadas anteriores

  • As novas camadas aumentan: 8 curtas para ver en Cans e en exclusiva en VINTE

    Arrancou a 18 edición do Festival de Cans cunha das seccións que máis se está a consolidar e a atraer novo público: “Novas Camadas”. Este ano son 8 as curtametraxes de novos talentos saídos de escolas e facultades de audiovisuais que compiten polo premio Deleite, e poderemos velas en VINTE do 13 ao 25 de setembro. Así que estade atentos. Aquí volas presentamos. 

    Cinema

    Co patrocinio de

  • Xisela Franco presenta as Novas Camadas Deleite 2021 do Festival de Cans

    A cineasta e docente Xisela Franco, membro xunto con Jaime Pena e Guillermo García López do xurado do Premio Novas Camadas Deleite do Festival de Cans, comenta as 8 curtametraxes seleccionadas nesta sección que imos poder ver durante os vindeiros días en VINTE. Aquí tedes a axenda de publicación. Cada curta verase só durante 24 horas, desde as 10 da mañá ata as 9:59 do día seguinte. 

    Cinema

    Co patrocinio de

  • Novas Camadas. 5 curtas que veremos en Cans e para a semana en VINTE

    Comeza o Festival de Cans na súa edición máis estraña (e proclaman que tamén “a máis segura”), proxectando as curtas dos creadores máis novos que participan este ano no festival. A sección Novas Camadas mostra este mércores traballos de Pablo Aguilar, Cristina Yáñez, Daniel Arana, Daniel Cornes e Alejandro Rodríguez, que se disputan o Premio Deleite e que durante a semana que vén poderemos ver en exclusiva en VINTE.  Imos darlles un repaso.  

    Cinema

    Co patrocinio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.