Novas Camadas 2023. As curtas das cineastas emerxentes do Festival de Cans

VINTE

Volve a VINTE a exhibición das 10 curtametraxes que participaron este ano no Festival de Cans, que celebrou hai uns días a súa XX edición. Durante esta semana e a que vén poderemos ver unha peza cada día –de luns a venres–, e estará dispoñible só durante 24 horas. Unha ocasión única para estar ao tanto do que se coce no novo talento do noso cinema. Aquí vos presentamos estas dez curtas. 

Co patrocinio de

Volve a VINTE a exhibición das 10 curtametraxes que participaron este ano no Festival de Cans, que celebrou hai uns días a súa XX edición. Durante esta semana e a que vén poderemos ver unha peza cada día –de luns a venres–, e estará dispoñible só durante 24 horas. Unha ocasión única para estar ao tanto do que se coce no novo talento do noso cinema. Aquí vos presentamos estas dez curtas. 

  • 01

    'Miña nena', de Noelia Míguez

    Dirección, guión: Noelia Míguez González Produción: Pelayo Fernández Sánchez Montaxe: Ana Argüelles Blanco Fotografía: Laura Triñanes Romero BSO: De Ninghures Reparto: Ginebra Puchades Gil, Carmen Palacios Martín, Colette Casas, Adrián Expósito Vai de: Galicia, primavera de 1968. Iria volve da escuela apañando pequenos tesouros polo camino. A avoa espera por ela na casa a canda dous descoñecidos para a nena. Son os pais, que regresaron da emigración. O detalle: Noelia Míguez, a directora, cursa o Máster de Dirección de Cine e Series na escola TAI de Madrid.

  • 02

    'Cadeas', de Álvaro López

    Dirección: Álvaro Antonio López Redondo Guión: Pablo Rodríguez Piñeiro e Álvaro Antonio López Redondo Produción: Carla Fernández Montaxe: Alexandre Rúas Castro e Álvaro Antonio López Redondo Fotografía: Alexandre Rúas Castro BSO: Miguel Argibay (Son do Norte) Reparto: Martín Espantoso, Xosé Esperante Vai de: Dúas persoas coidan unha casa durante un ano. Unha delas comeza a escoitar sons estraños, pero o seu compañeiro parece non sentir nada. É todo produto da súa imaxinación ou realmente está ocorrendo algo fóra do normal? O detalle: O director comezou a curta como TFG na Universidade da Coruña e rematouna na ECAM de Madrid.

  • 03

    'O burro espera', de Alicia López Méndez

    Dirección, produción e montaxe: Alicia López Méndez Guión: Xavier López Rodríguez Banda sonora: Hold on, de Tom Waits, interpretada por Victoria Méndez Alonso Vai de: O burro presidiu durante moitas décadas a lareira das Bichas, en San Ciprián de Hermisende. Os que teñen agora cen anos xa o lembran así. Sen moito esforzo, unha vella podía levar a caldeira coa comida para catro ou cinco porcos ata a trapela que comunicaba coa corte. O burro era imprescindible no proceso de ceba dos porcos, imprescindibles á súa vez para alimentar a familia durante todo o ano. A cadea do burro podía seguir termando tamén dun pote e, nalgún dos elos, sostiña a miúdo o candil ou a candieira que alumaban minimamente, xunto coas lapas do lume, o espazo onde se preparaba e consumía o alimento. O detalle: Fermosa homenaxe ós burros, imprescindibles durante décadas nas tarefas cotiás nas aldeas de Galicia.

  • 04

    'Tan só o demo lembra', de Daniel Iglesias

    Dirección, guión, produción, montaxe, fotografía e música: Daniel Iglesias González Reparto: María Digna Somoza (narración) Vai de: Escasos 200 metros hai entre os carteis de entrada e saída de Nadal. Situada entre provincias, nesta pequena aldea de non máis de 20 casas viviu a familia materna do director durante unha parte das súas vidas. Ir de pequeno era sempre unha gran alegría para Iglesias: ver á bisavoa, o cocido, estar con León e cos gatos, a horta do avó, coller amoras nas silvas da volta… Pero agora iso só son lembranzas difusas. Quedan aínda fotos, historias nas memorias da avoa e da nai, algunha pintura ou as imaxes do Street View. Cambiou algo realmente? O detalle: Finalista tamén na categoría de videoclips, e formado na Universidade de Vigo, Daniel Iglesias achégase á memoria de Nadal, a aldea da que procede a súa familia.

  • 05

    'Es (ser) e ser un espacio', de Candela Conde

    Dirección, guión, fotografía e montaxe: Candela Conde López Vai de: Esta curta nace durante o Erasmus da directora en Venecia. Meses de introspección, de aprendizaxes, de exploración interior deron lugar a este xogo que baila co experimental. O detalle: A porriñesa Candela Conde entra por segundo ano consecutivo nesta sección, cunha obra creada en Venecia (Italia), onde estuda Belas Artes.

  • 06

    'Solpor', de Susana Alba

    Dirección, guión, montaxe: Susana Alba Produción: Sandra Comesaña Fotografía: Andrea Louzao BSO: Aroa Ferreiro Reparto: Fran Paredes, Gema González (voz), Mónica Camaño (voz) Vai de: Un home de mediana idade vive no seu vehículo logo de quedar sen traballo e separarse da familia. O detalle: Formada na Universidade de Vigo, Susana Alba foi xa galardoada con Solpor no Angus Film Festival, onde recibiu o premio á mellor curta de estudantes, así coma noutros festivais internacionais.

  • 07

    'ADN', de Eva Iglesias Lorenzo

    Dirección, produción, guión, montaxe música e fotografía: Eva Iglesias Lorenzo Xénero: Videodiario Vai de: Un autorretrato de amor, deriva e nostalxia. Nun intento por explorar o que un é, fragmentos de vida de distintos tempos mestúranse, nunha montaxe que pon atención no ritmo e na cor, para reflectir unha percepción subxectiva da realidade, seguindo un monólogo interior que flúe a través dunha viaxe emocional. O detalle: Unha das obras da última fornada de creadoras saída da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

  • 08

    'Anacos', de Ángela Estévez

    Dirección, guión, montaxe, música e fotografía: Ángela Estévez Produción: Facultade de Belas Artes da Universidade de Málaga. Reparto: Vídeos de arquivo nos que participan: Ángela Estévez Correa, Andrea Estévez Correa, Beatriz Correa Correa, Bienvenido Estévez Maceira, Otilia Maceira Vai de: Un percorrido polos recordos que provoca unha reflexión para abrirlle os ollos a alguén que está lonxe do fogar. O detalle: Realizado na Facultade de Belas Artes de Málaga, onde nestes momentos estuda a directora.

  • 09

    'Cronica dun recordo', de Zahira Gomes Teijelo

    Dirección e guión: Zahira Gomes Teijelo Produción: Ainhoa Román Montaxe: Enma Orio Fotografía: Ana Sánchez BSO: Sacoga Reparto: Antía Vidal, Raquel Meleiro, Nani Matos, Grial Montes, Camila Vigairo, Laura Lago Vai de: Rebeca ten unha nova compañeira na casa onde vive, situada nunha pequena localidade ourensá na que se dedica a escribir un libro sobre sexualidade nos pobos. Por traballo, Sonia, a nova compañeira, está de volta no lugar onde naceu, do que garda vagos recordos, aínda que quizais si haxa máis cousas que a unan a ese lugar. O detalle: Unha interesante reflexión sobre a sexualidade, a identidade e a temática LGBTQ+.

  • 10

    'Despois de ti', de Paula Pereira

    Dirección, produción, guión, música: Paula Pereira Montaxe: Enma Orio Fotografía: Zaira Teijelo BSO: Álvaro Morais Reparto: Inés Santos, Manuel Estévez, Elsa García Xénero: Fantástico Vai de: Nun acto desesperado por salvar a relación con Xabi, Natalia decide acompañalo ó seu próximo destino laboral: as paradisíacas Illas Cíes. Nada máis chegar ó arquipélago, sepáranse, mais a decepción de Natalia queda en segundo plano polo encontro cunha misteriosa muller procedente do mar. Natalia fai por cadrar sempre que pode coa enigmática moza, creando uns intensos e perigosos lazos, fortalecidos pola doce voz da muller, que anima a Natalia a marchar con ela ó que chama paraíso. As dúbidas invaden a Natalia, pois debe elixir entre continuar coa súa vida ou seguir á muller misteriosa. O detalle: Curtametraxe rodada nas Illas Cíes, dentro do concurso de curtas Desafío Illas Cíes.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.