Dez curtas das Novas Camadas para ver en Cans e en exclusiva en VINTE

VINTE

A XXI edición do Festival de Cans xa está en marcha no Porriño e este mércores chega unha das seccións máis agardadas: Novas Camadas, coa proxección das curtas a concurso desde as seis da tarde no Baixo de Carlos. Coa colaboración de Deleite, este ano compiten un total de 10 curtas de novos creadores e creadoras procedentes das facultades e escolas audiovisuais. Ademais, desde o 3 de xuño poderás ver en exclusiva cada un destes proxectos a través de VINTE. Cada unha das curtas das Novas Camadas desta edición estará dispoñible durante 24 horas. Publicaremos sempre ás 12.00 horas segundo esta orde: 

1. JPG, de Anxo González Álvarez (3 de xuño).
2. Toxos, de Jacqueline Reimúndez Rei (4 de xuño).
3. Tara, de Rebeca Tella e Daniel Filloy (5 de xuño).
4. A mirada delas, de Clara Maseda da Veiga (6 de xuño).
5. Illa Cordura, de  Mario Fernández Filloy (7 de xuño).
6. Ángel de plástico, de Manu Sacoga (10 de xuño).
7. Sainte Agathe, de Juan Ares Pérez (11 de xuño).
8. Xogo de nenos, de Miguel Romero Berride (12 de xuño). 
9. Eu quero unha pipa, de Candela Conde López (13 de xuño).
10. Taquión, de Miguel Barcia (14 de xuño). Curta gañadora.

Velaquí un pequeno resumo de cada traballo:

 

Co patrocinio de

A XXI edición do Festival de Cans xa está en marcha no Porriño e este mércores chega unha das seccións máis agardadas: Novas Camadas, coa proxección das curtas a concurso desde as seis da tarde no Baixo de Carlos. Coa colaboración de Deleite, este ano compiten un total de 10 curtas de novos creadores e creadoras procedentes das facultades e escolas audiovisuais. Ademais, desde o 3 de xuño poderás ver en exclusiva cada un destes proxectos a través de VINTE. Cada unha das curtas das Novas Camadas desta edición estará dispoñible durante 24 horas. Publicaremos sempre ás 12.00 horas segundo esta orde: 

1. JPG, de Anxo González Álvarez (3 de xuño).
2. Toxos, de Jacqueline Reimúndez Rei (4 de xuño).
3. Tara, de Rebeca Tella e Daniel Filloy (5 de xuño).
4. A mirada delas, de Clara Maseda da Veiga (6 de xuño).
5. Illa Cordura, de  Mario Fernández Filloy (7 de xuño).
6. Ángel de plástico, de Manu Sacoga (10 de xuño).
7. Sainte Agathe, de Juan Ares Pérez (11 de xuño).
8. Xogo de nenos, de Miguel Romero Berride (12 de xuño). 
9. Eu quero unha pipa, de Candela Conde López (13 de xuño).
10. Taquión, de Miguel Barcia (14 de xuño). Curta gañadora.

Velaquí un pequeno resumo de cada traballo:

 

  • 01

    .JPEG

    Dirección, produción, guión, fotografía e montaxe: Anxo González. 

    Música: Dani Iglesias.

    Xénero: Ensaio.

    Vai de: A peza nace do interese persoal do realizador polo valor das imaxes físicas, fronte á perda de interese das imaxes dixitais, que desaparecen por descuido, olvido ou eliminación.

    O detalle: Curta debut deste director de Ponteareas que estuda na Universidade de Vigo.

  • 02

    Toxos

    Dirección, produción e guión: Jacqueline Reimúndez.

    Fotografía e Montaxe: Samuel Román.

    Música: Vicente Couceiro.

    Reparto: Mariña Gestoso, Nicolás Silva, Carla Álvarez, Rubén Buezas, Paloma San Martín, Iria León, Gonzalo Valcárcel.

     Xénero: Aventuras, Familiar.

    Vai de: Historia de aventuras que viaxa polas lendas e o misticismo galego da man de catro rapaces e rapazas de 12 anos e unha cadela. A súa curiosidade tras ler un libro de mitos populares, lévaos a querer descubrir a veracidade dunha lenda que conta a historia dunha grade de ouro agochada no río Ulla.

    O detalle: Toxos nace como traballo de fin de grao de tres alumnos de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña (Anxo Cambón, Jacqueline Reimúndez e Samuel Román). O traballo consegue acadar a matrícula de honra e o premio a mellor TFG de Temática Galega.

  • 03

    Taquión

    Dirección, produción, guión, fotografía, montaxe e música: Miguel Barcia.

    Xénero: Ciencia ficción experimental. 

    Vai de: Un mozo constrúe unha máquina do tempo na que viaxa por múltiples recordos dos seus antepasados.

    O detalle: Relato de ciencia ficción que combina vídeos caseiros con fotogramas impresos e escaneados cos que se suxire a distorsión dos recordos.

  • 04

    Tara

    Dirección e guión: Rebeca Tella e Daniel Filloy.

    Produción: Lucía Blanco, Miguel Barcia, Rebeca Tella e Daniel Filloy.

    Fotografía: Miguel Barcia.

    Montaxe: Rebeca Tella.

    Reparto: Amalia Barreiro, Uxía Suevos, Sandra Cao, Pablo Loureiro, Ana Alfaya, Chinweike David, Pedro Galocha, Rubén Sotelo, Pepa Sofía, Mateo Filloy, Rober de Vigo.

    Xénero: Ficción. 

    Vai de: Nas súas máis ostentosas galas, un distinguido grupo de individuos reúnese para celebrar un banquete. Todos ocultan a súa identidade pero son libres de revelar a súa esencia, pois neste lugar apenas hai normas. Despois de retirar os entrantes, o servizo coloca unha gran bandexa misteriosa na mesa.

    O detalle: Segunda colaboración de Rebeca Tella e Daniel Filloy despois de codirixir o díptico documental Sinto / Penso.

  • 05

    A mirada delas

    Dirección, guión e montaxe: Clara Maseda da Veiga. 

    Produción: Miramemira e Amorambre Films. 

    Fotografía: Alejandro Rodríguez. 

    Xénero: Documental. 

    Vai de: “Miña nai sempre me dixo que podía ser o que eu quixese. A través de videos caseiros gravados na miña infancia, falo sobre a miña crianza e a miña relación coa arte. María, Catuxa e Aroa, tres artistas emerxentes galegas, completan esa reflexión mentres amosan o seu traballo”.

    O detalle: Este documental abre un diálogo entre o arquivo doméstico e as entrevistas, tratando temas como a liberdade, a muller, a cultura no rural ou a importancia das raíces.

  • 06

    Illa Cordura

    Dirección, produción, guión, fotografía, montaxe e música: Mario Fernández Filloy

    Xénero: Animación 

    Vai de: O fareiro da Illa Cordura queda só cando o seu compañeiro marcha a terra firme. Nunha noite de tormenta atopa unha carta. A historia que esta relata e o medo á noite en soidade levarano aos límites da loucura.

    O detalle: Unha curta de animación 3D, cunha secuencia en 2D debuxada a man polo autor, Mario Fernández Filloy.

  • 07

    Ángel de Plástico

    Dirección e música: Manu Sacoga. 

    Produción: Color2Dark.

    Guión: Manu Sacoga, Nico Nargual e Marcos Herrera. 

    Fotografía: Daniel Iglesias Montaxe: Marcos Herrera Reparto: Pepa Sofía, Yoli Giráldez, Iván García, Nico Nargual, Paula Gavilán, Antía Vida.

    Xénero: Ficción.

    Vai de: Naila anima aos seus amigos para buscar a casa da infancia de Yume como unha escusa para reunilos a todos. Pero eles danse conta das súas intencións: que non superou a Yume (que morreu) e que ten intención de unir un grupo desfeito.

    O detalle: Traballo de fin de curso da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo.

  • 08

    Sainte Agathe

    Dirección, fotografía e montaxe: Juan Ares. 

    Reparto: Agathe Vandeneycken. 

    Xénero: Documental. 

    Vai de: Agathe, unha persoa de 22 anos con disforia de xénero, sómetese a unha operación de masculinización de tórax tras case dous anos de espera nun hospital público.

    O detalle: O director decidiu documentar o proceso da súa amiga Agathe non só como “un recordo para ela”, senón tamén co obxectivo de que o relato puidese ser de axuda para persoas na mesma situación.

  • 09

    Xogo de nenos

    Dirección e guión: Miguel Romero.

    Produción: Kasa Vella, Xurdir SL.

    Fotografía: Dani Iglesias.

    Montaxe: Julián Casal.

    Música: Dav Ciuffardi, Ana Piñeiro 

    Reparto: Pablo Loureiro, Pedro Galocha, Pepa Sofía, Sergio Peteira, Rober de Vigo 

    Xénero: Terror 

    Vai de: Miguel, Nico, Sara e Álex corren polo bosque, tratando de escapar de dous perseguidores que queren matalos. Álex non consegue fuxir e é asasinado. Agora só quedan tres, que terán que apañárselas, sen armas, para escapar con vida do bosque.

    O detalle: Obra gañadora do premio a Mellor Curtametraxe da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo no concurso A Canteira de AUGAL.

  • 10

    Eu quero unha pipa

    Dirección, guion, fotografía e montaxe: Candela Conde.

    Produción: Chanfaina Lab.

    Xénero: Ensaio.

    Vai de: “Atópote en cada paso, en cada casa vella que se desgasta co tempo, no movemento que produce o aire nas distintas superficies, en cada bar que abre e serve cuncas de viño e nas partidas de cartas que se xogan nel, nos coches pequeniños que soben amodiño as costas, nos animais que pastan nas fincas, nas tarefas do campo, nos tractores que preparan a terra e nos rulos que se recollen ó final da tempada”.

    O detalle: Terceiro ano consecutivo que Candela Conde participa no festival, despois de A casa dos avós e Es (ser) e ser un Espazo.

Tamén che interesa

  • Novas Camadas 2023. As curtas das cineastas emerxentes do Festival de Cans

    Volve a VINTE a exhibición das 10 curtametraxes que participaron este ano no Festival de Cans, que celebrou hai uns días a súa XX edición. Durante esta semana e a que vén poderemos ver unha peza cada día –de luns a venres–, e estará dispoñible só durante 24 horas. Unha ocasión única para estar ao tanto do que se coce no novo talento do noso cinema. Aquí vos presentamos estas dez curtas. 

    Cinema

    Co patrocinio de

  • As Novas Camadas de Cans regresan a VINTE

    Rematou o Festival de Cans na súa XIX edición, que retornaba á súa data habitual do mes de maio tras dous anos de pandemia, pero a festa continúa en VINTE. Entre esta semana e a que vén publicaremos en exclusiva as curtametraxes da sección Novas Camadas Deleite: os traballos dos creadores e creadores novas, recén saídos dos centros de Audiovisual e Belas Artes de Galicia. A partir de mañá teremos cada día unha curta publicada que só se poderá ver, de balde, durante 24 horas. Aquí volas presentamos. 

    Cinema

    Co patrocinio de

  • Xisela Franco presenta as Novas Camadas Deleite 2021 do Festival de Cans

    A cineasta e docente Xisela Franco, membro xunto con Jaime Pena e Guillermo García López do xurado do Premio Novas Camadas Deleite do Festival de Cans, comenta as 8 curtametraxes seleccionadas nesta sección que imos poder ver durante os vindeiros días en VINTE. Aquí tedes a axenda de publicación. Cada curta verase só durante 24 horas, desde as 10 da mañá ata as 9:59 do día seguinte. 

    Cinema

    Co patrocinio de

  • Vinte almorzando en Cans con Tamar Novas

    Tamar Novas exerce de galego en Madrid desde hai anos, rodeado de amigos cos que mantén a lingua, o amor pola nosa cultura e a necesidade de xuntarse cada pouco diante dunha boa comida. O actor compostelán recibiu o Chimpín de Prata este ano no Festival de Cans e aproveitamos a ocasión para almorzar con el e con Deleite, recordando os almorzos contundentes que lle facía a súa avoa en Melide.

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.