Benidorm Fest. Así se viviu en Twitter a actuación de Tanxugueiras na semifinal

Co patrocinio de

CC-BY-ND RTVE / Twitter

Orgullo, apoio universal e máxima expectación nas horas previas a que Tanxugueiras presentasen en directo “Terra” no Benidorm Fest. Orgullo, apoio universal e ansias de secesión logo de ver como o voto do xurado pretendía deixar fóra o tema das galegas por máis que Salvador Sobral proclamase que ía con elas. Ben se deitou do voto do público para podelas colocar na final, mais xa con poucas esperanzas de acadar o pasaporte a Turín. 

 

O caso: Tanxugueiras foron trending topic e, con elas, #Galicia, #tongo e a nosa vella amiga a  #aldraxe. A falta de ver que acontece coa segunda semifinal e se o sábado é posible manter algunha opción para que “Terra” represente a España en Eurovisión, aquí vai unha crónica da semifinal que uniu os galegos nun só equipo. 

 

A previa

Horas antes da primeira gala do Benidorm Fest había certo nerviosismo por se as tres Tanxugueiras chegarían a tempo á cidade levantina para ensaiar xuntas adecuadamente. A covid fíxoas voar en días separados e aínda foi o mércores pola mañá cando Olaia Maneiro se unía á súa irmá Sabela, e mais a Aida Tarrío, compañeiriñas leais. 

Alí estaba tamén todo o equipo que as acompañaba, coordinado pola produtora que leva as Tanxugueiras, PlayPlan

O produtor musical Iago Pico ás percusións, os bailadores Fran Sieira e Artur Puga, Laura Iturralde na escenografía e Marta Verde nos visuais, Jorge de Álvarez no vestiario e Miguel Bling na maquillaxe… o estilismo das cantareiras era o segredo mellor gardado, e así apareceron no programa que RTVE emitiu en Youtube previo á gala. 

Entrementres, a parroquia ía quecendo o ambiente con memes, creacíóns e vídeos de apoio.

 

E os políticos tampouco querían faltar á festa. O de pedir o voto non lles é alleo.

De feito, nas enquisas preelectorais o voto xa se decantaba polas nosas: 

 

A actuación


A expectativa non podía ser maior e, no momento da verdade, viuse colmada para a maioría do fandom galego. Mentres pasaba isto (poñemos aquí a actuación por se non a vistes ou queredes volver vela)… 

…a xente en Twitter aplaudía coas orellas.

Tamén no propio auditorio en Benidorm, detrás das cámaras, o público aplaudía e cantaba con entusiasmo. 

Por se había dúbidas, Salvador Sobral, un dos artistas convidados da gala e gañador de Eurovisión con Portugal no 2017, manifestou a súa preferencia sen que ninguén lle preguntase: 

 

Tanxudrama (I): o televoto frustrado 
 

Rematadas as 6 actuacións da seminifinal, abríronse os teléfonos para votar, por chamada ou por SMS. Isto trouxo algúns microdramas que a xente compartiu en Twitter, pois moita dela tiña bloqueada a opción de enviar mensaxes cun custe extra e ni sequera o sabía. 

 

Tanxudrama (II). O voto do xurado

O do xurado profesional (español e internacional) foi o primeiro en desvelarse e a decepción foi maiúsculas: deixaban fóra das 4 seleccionadas para a final, por un punto, a canción das Tanxugueiras. A partir de aí as reaccións en Twitter estaban entre a incredulidade, o “era visto” ou reclamar a independencia. 

 

Mentres, Feijoo á súa bóla léndolle o pensamento a Galicia.

 

No Twitch da CRTVG fixeron un especial de máis de tres horas para comentar a semifinal. E alguén de Twitter fixo este bo resumo do momento de non dar creto: 

 

O mellor de todo, elas: sempre elegantes, agradecidas e lindas. Tanto na rolda de prensa posterior á semifinal...

...como neste vídeo dedicado a toda a xente que as apoiou. Podería parecer unha fin de viaxe, e se cadra non está aínda todo dito, queda a difícil final do sábado. Mais as Tanxugueiras téñeno claro: o premio sodes vós. 

María Yáñez

María Yáñez

Xornalista. Levo vinte anos traballando na rede e no audiovisual. Adoro as revistas en todos os seus formatos. Agora dirixo VINTE da man de Praza.gal.

Tamén che interesa

  • Vinte no patio

    Café Derby 21. Tanxugueiras, Eurovisión e as tesoiras do polbo

    Este ano foi o dos estouridos e fenómenos, de éxitos en moitos ámbitos, por iso queremos pechar o ano acompañadas pola Palabra do Ano segundo unha enquisa da RAG. Bueno, non coa palabra en si mesma. Con Olaia, Aida e Sabela. Vaia, as Tanxugueiras! Que así entendémonos todxs. Virais ata máis non poder polo talento e carisma que liberan, Tanxugueiras é unha das opcións favoritas no Benidorm Fest, preselección para Eurovisión. Con elas tres falamos desta aventura e do proceso, das sensacións e emocións, da posta en escea que pode ter Terra e das súas favoritas (pero non cos rivais, que todas son amigas).

    Podcast

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.