Novo podcast: NALINGUA. Episodio 0: Ola!

NALINGUA é un podcast en galego presentando por un de Valladolid. A través de 5 episodios o xornalista Sergio Pascual fará un repaso sonoro polas novelas que máis lle gustaron da nosa literatura. Ademais, con cada episodio teremos unha reportaxe escrita que complementa algúns dos temas dos que se fala en cada libro. Unha proposta transmedia para coñecer mellor a nosa literatura cunha nova perspectiva. 

Créditos

NA LINGUA é un proxecto desenvolvido por Laboratorio de Radio (Lucía Abarrategui e Sergio Pascual) para VINTE co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Deseño: Isa Vila.

Co apoio de

Os episodios de NALINGUA

  • Vinte no patio NALINGUA

    NA LINGUA, podcast 1: O misterio dos fillos de Lúa

    Sergio Pascual conduce este percorrido sonoro por 'O misterio dos fillos de Lúa', de Fina Casalderrey: unha das grandes obras da Literatura Infantil e Xuvenil galega (LIX). Alén dos premios, Premio Nacional de Literatura Infantil e Premio Barco de Vapor, este libro marcou un fito na mocidade da época. En poucas palabras: un clásico. Comeza... NALINGUA, lecturas dun neofalante!

    NALINGUA

    Co apoio de

  • NALINGUA

    NALINGUA. As vinte vidas de Lúa

    Botamos unha tarde coa escritora Fina Casalderrey na Libraría Paz de Pontevedra para falar do libro que tanto nos marcou, O misterio dos fillos de Lúa. Esta conversa complementa o episodio 1 do podcast NALINGUA. 

    NALINGUA

    Co apoio de

  • Vinte no patio NALINGUA

    NALINGUA, podcast 3: Anagnórise

    Se a literatura por unha banda e o podcast por outra son un xeito de viaxar, hoxe en NALINGUA viaxamos a esgalla. 'Anagnórise', de María Victoria Moreno, é unha desas obras que vai directa ao corazón. Acompañamos o protagonista, Nicolau, nunha travesía pola adolescencia e todos os seus problemas da man de Sergio Pascual nesta nova entrega. 

    NALINGUA

    Co apoio de

  • NALINGUA

    A feira que fomos

    Da lectura de ‘Anagnórise’, unha viaxe pola estrada con parada nunha feira, xurdiu a idea de retratar estes pequenos universos antropolóxicos onde o agro, a tradición e o comercio de proximidade loitan por sobrevivir á urbanización do mundo. Este texto complementa o episodio 3 do podcast NALINGUA, dedicado á novela de María Victoria Moreno.

    NALINGUA
  • Vinte no patio NALINGUA

    NALINGUA, podcast 4: Luns

    Hai libros fastidiados. Que doen durante a lectura e que te deixan tocado. 'Luns' de Eli Ríos é un deses. Percorremos coa súa protagonista, Nerea, un día a día cheo de arrecendos, sentimentos e sensacións que fan desta novela unha experiencia sensorial inmersiva. Cuarta entrega do podcast 'NALINGUA, lecturas dun neofalante'.

    NALINGUA

    Co apoio de

  • Vinte no patio NALINGUA

    NALINGUA, podcast 5: Memorias dun neno labrego

    Remata a serie de podcasts 'NALINGUA, lecturas dun neofalante', conducido por Sergio Pascual: "Desde que cheguei a Galicia souben que un libro que tiña que ler era 'Memorias dun neno labrego'. Polo que teño entendido, o libro máis lido e traducido da literatura galega. Para min, o mellor xeito de entender Galicia e a súa xente. E todo da man e voz dun rapaz especial, dun tal Balbino, dun tal Xosé Neira Vilas". 

    Co apoio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.