NALINGUA

NALINGUA, podcast 4: Luns

Hai libros fastidiados. Que doen durante a lectura e que te deixan tocado. 'Luns' de Eli Ríos é un deses. Percorremos coa súa protagonista, Nerea, un día a día cheo de arrecendos, sentimentos e sensacións que fan desta novela unha experiencia sensorial inmersiva. Cuarta entrega do podcast 'NALINGUA, lecturas dun neofalante'.

Créditos

NALINGUA é unha produción de Laboratorio de Radio para VINTE. Co apoio da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística).

Músicas empregadas:

  • "Forro" e "Unha canción rosa", de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual.
  • "Nalingua orixinal", de David Brea.

Deseño: Isa Vila

Co apoio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.