Vinte almorzando Melania Cruz

Melania Cruz desprende luz. Almorzamos coa actriz e dramaturga a poucos días da cita electoral e falamos sobre a película Tralovento -coa que vén de gañar o recoñecemento de Mellor Actriz no Festival de Sevilla-, sobre a liberdade na creación artística ou sobre política claro, porque iso está en todas partes e ela non adoita calar. “Sempre me din que son moi política e a min iso non me parece un insulto”, asegura.

A artista de Lugo conta co Premio da Cultura Galega, o premio María Casares de Teatro, tres Mestre Mateo e, por tanto, un recoñecemento profesional ao alcance de poucas e poucos. Con todo, defende que a ocupación laboral non nos define, que somos moitas máis cousas. “As persoas non nos sostemos co traballo”, salienta. Melania Cruz tamén nos falou dun novo proxecto escénico que está a preparar coa súa irmá Sara Nebra.

Créditos

Unha entrevista de Vanesa Vázquez Iglesias

Imaxe: Xarda, cooperativa galega de comunicación 

Agradecementos: Casa RIA (Compostela)

Coa colaboración de

Tamén che interesa

  • Vinte almorzando con Familia Caamagno

    Os de Sigüeiro están a xirar co seu novo álbum, 'Disco Comarcal', e de paso celebran que Familia Caamagno segue a facer música e divertirse tras quince anos sobre os escenarios. Falamos con Manuele, Fran, Jess e Lano o 9 outubro, cando a actualidade informativa semellaba intensa... pero só era o comezo. "Nós xogamos mellor en campos de terra e canto peor se poña o ambiente sociopolítico, mellor para a creación das cancións", chancean, pero realmente prefiren que as enquisas para as vindeiras eleccións xerais non acerten. "Non nos rende: non o fagades por nós. Mellor un disco menos de Familia Caamagno e votade como é debido", reclaman.

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • Vinte almorzando con Esther Estévez

    Almorzamos e parolamos coa xornalista e presentadora Esther Estévez, unha faciana ben coñecida para o público galego como presentadora da TVG en programas como o Dígocho eu ou o Luar entre outras. A piques de facer os 29 anos, atesoura dous premios Mestre Mateo como mellor comunicadora e unha popularidade que ás veces esquece. "Na carreira non era capaz de mirar á cámara e dicir un parágrafo", lembra. 

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • Vinte almorzando con Fillas de Cassandra

    Neste novo Vinte almorzando con Deleite fomos de Tertúlia con María SOA e Sara Faro, as Fillas de Cassandra. Están a presentar o seu segundo disco longo, que en realidade é o seu terceiro traballo en tres anos. "Non ansiamos que as nosas letras sexan dogmas. Buscamos o debate e a conversa", subliñan.
    "É un disco bastante contestatario. Saír á fresca é unha declaración de intencións do que somos", aseguran durante a conversa, ao tempo que defenden "non ser permisivas cos discursos de odio ou bulos. Tristemente cada vez máis nos estamos achegando a ese mundo hostil que daba tanto medo, de tanto retroceso. Pero todas podemos facer algo, todas xuntas”, animan. 

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • Vinte almorzando con 9Louro

    Volve o Vinte almorzando con Deleite e nesta nova xeira comezamos con 9Louro. Almorzamos e parolamos cun dos artistas do momento en Galicia. Fai música urbana en galego con letras sobre o que lle acontece ou o que pensa no seu día a día como mozo de 21 anos e o público responde enchendo salas de concertos. 

    O nome de 9Louro está en carteis de festivais por toda Galicia cada semana e, entre bolo e bolo, tivo tempo de atender a VINTE no bar San Francisco, ao pé do mar, en Louro (Muros). “Aquí volvo ser Martín e desconecto un pouco. Podo estar cos meus amigos e estar máis tranquilo”, explica Martín Louro.

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.