Vinte almorzando con Esther Estévez
Almorzamos e parolamos coa xornalista e presentadora Esther Estévez, unha faciana ben coñecida para o público galego como presentadora da TVG en programas como o Dígocho eu ou o Luar entre outras. A piques de facer os 29 anos, atesoura dous premios Mestre Mateo como mellor comunicadora e unha popularidade que ás veces esquece. "Na carreira non era capaz de mirar á cámara e dicir un parágrafo", lembra.
Créditos
Unha entrevista de Vanesa Vázquez.
Imaxe: Xarda, cooperativa galega de comunicación
Agradecementos: Hotel Costa Vella por prestarnos a súa fermosa terraza.