Vinte almorzando con Familia Caamagno
Con Pepe, na Casa do Taberneiro, en Santiago, como anfitrión de luxo, conversamos e almorzamos con Familia Caamagno. Os de Sigüeiro están a xirar co seu novo álbum, 'Disco Comarcal', e de paso celebran que seguen a facer música tras quince anos sobre os escenarios. Falamos con Manuele, Fran, Jess e Lano o 9 outubro, cando a actualidade informativa semellaba intensa... pero só era o comezo. "Nós xogamos mellor en campos de terra e canto peor se poña o ambiente sociopolítico, mellor para a creación das cancións", chancean, pero realmente prefiren que as enquisas para as vindeiras eleccións xerais non acerten. "Non nos rende: non o fagades por nós. Mellor un disco menos de Familia Caamagno e votade como é debido", reclaman.
Créditos
Unha entrevista de Vanesa Vázquez.
Imaxe: Xarda, cooperativa galega de comunicación
Agradecementos: para a Casa do Taberneiro polos cafés e todo o demais.