Programa especial Os mekemekes na Festa dos Botes
O Exército Mekemeke visitou este verán o soviet de Arzúa por primeira vez para un especial da 43 edición da Festa dos Botes!
🎉 O pregón deste ano correu a cargo das primeiras comisións arzuás, e nós aproveitamos a súa sabedoría para desvelar o que realmente pasa entre bambalinas: fallos, tensións, segredos e trucos para sobrevivir á organización dunha festa. Se pensas que montar unha festa é doado... é que nunca falaches cunha lenda das comisións de festas.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito onde conversa con Lidia Veiga e co Xubi.
Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.