“Open Chord”, novo tema e videoclip Volve a enerxía eléctrica de Holywater

A banda lucense vén de publicar o primeiro adianto do seu próximo disco, unha canción contundente que recupera a súa cara máis eléctrica sete anos despois de Arboreal. “Open Chord” é un sinxelo rápido, enérxico e sen reviravoltas, que tende unha ponte co seu pasado para lanzarse de cabeza cara ao que vén. Porque despois de tantos anos, paróns e cambios de dirección, Holywater segue atopando motivos para facer cancións. 

O lanzamento chega acompañado dun videoclip gravado en formato analóxico, unha elección que recupera a textura e as imperfeccións propias deste tipo de imaxes, lonxe da nitidez das producións dixitais. A introdución acústica de “Open Chord” está, ademais, interpretada integramente en directo. Dúas decisións que poñen o acento no tanxible, no carácter da gravación e na propia interpretación dos músicos, sen buscar un acabado excesivamente pulido, segundo explican desde a banda.

Créditos

Gravado en directo, en formato analóxico 8mm, nos Padrosos (Pontevedra) os días 17 e 18 de xullo de 2026. 

Do álbum 'ASLOT' (Ernie Records, 2026)

Dirixido por Ricardo Rodríguez

Cámara: Joel Otero, Adrián Riveiro, Mito e Ricardo Rodríguez. 

Edición e montaxe: Álex Vilas

Audio intro en directo: Adrián Riveiro

Son álbum: Pancho Suárez

Tamén che interesa

  • Entrevista | Tapa D'Orella “Somos demasiado tolos para poñernos cancelas a nós mesmos”

    Os músicos Willow GHC (Darío Burgos, das Neves) e Pappaquino (Joaquín Limia, de Verín) están detrás deste proxecto cuxo apoio popular está a sorprender os propios artistas de 28 anos. “A xente quérenos moito, coñécenos e dá gusto, a verdade”, subliñan. A proposta transita entre o ska, a música latina e a verbena, nuns temas que sempre convidan a bailar, onde emana a identidade, o humor ou mesmo, e por que non, a denuncia social. 

    Música
  • “O lugar do crime” Recordos e nostalxia no adianto do novo álbum de Secho

    Secho vén de estrear o sinxelo “O lugar do crime”, unha coidada peza que serve como carta de presentación do seu disco homónimo. ‘O lugar do crime’ é o seu último proxecto musical, producido polo Hevi no Laboratorio Soyuz. 

    Sete temas con arranxos minimalistas que se moven cun rexistro delicado entre sonoridades pop, indie e folk. En palabras do artista de Dodro, o tema afonda "nos recordos e na nostalxia". Nel busca o mar de Rosalía e pensa “nos que non están”, nos espazos familiares, en infancias enfundadas en botas de goma que participan na matanza do porco. Imaxinarios dunha xeración con crimes e lugares comúns. 

    O lanzamento acompáñase dun videoclip dirixido, gravado e producido por Nela Fraga, en formatos analóxicos, como o Super8 e 16mm, reflectindo ese tránsito vital a través dos recordos.

    Música
  • Entrevista | Nervo, Rebeliom do Inframundo “Neste disco hai bastante felpa a nivel social. Coa extrema dereita sen vergoña temos que alzar a voz”

    Xuntábanse detrás da estación de autobuses de Ponteareas nos primeiros 2000, onde os edificios a medio construír suxerían estar nunha especie de inframundo. Era un lugar perfecto para esas primeiras rimas salvaxes da mocidade e para armar unha rebeliom que continúa a día de hoxe. Alcumárano o Nervo pola súa intensidade ao rapear, mais a voz de Rebeliom do Inframundo chámase Cristopher Machado Ibáñez e naceu en Caracas en 1988, aínda que xa de ben cativo chegou para quedar a Galicia, a terra dos seus pais emigrantes. O Nervo está de parabéns: deixou un traballo que o oprimía para dedicarse completamente a súa paixón, a música, e Rebeliom vén de publicar o seu quinto disco:  Orgulho (Galunk Producións). O grupo inicia nos vindeiros días a xira de presentación deste traballo en salas, cun único bolo galego para este formato: será na Capitol de Santiago o 8 de maio.

    Música
  • Pastor Eléctrico A potencia da música ao servizo das historias do rural galego

    As letras son as protagonistas e a música, unha descarga eléctrica no momento exacto. No primeiro disco de Pastor Eléctrico atopamos historias inspiradas por persoas, lugares, cheiros ou sons reais do rural galego que Diego Guerrero foi atopando no seu percorrido por Galicia co programa Cos pés na terra, da TVG. “Eu non tiven aldea de pequeno como tal e entón atopei agora de maior a miña aldea percorrendo moitos lugares de Galicia e gravando moitas persoas”. Diego Guerrero é o director desta serie documental finalista como Mellor Programa e Mellor Realización nesta edición dos Premios Mestre Mateo. E desa experiencia agroman as dez cancións do primeiro traballo de Pastor Eléctrico.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.