Novas Camadas: 'O mar é o meu chan'

Na década dos 70, varios mozos coruñeses lanzáronse a coller ondas nas praias da cidade. Sen apenas referentes e nunha sociedade que vivía aínda de costas ao mar, fabricaron táboas, descubriron novas rompentes e convertéronse, sen sabelo, en protagonistas do inicio da historia do surf en Galicia. A música da curta é de bandas históricas coruñesas: Radio Océano (Como o vento) e Viuda Gómez e Hijos (Psico). O director está graduado en Comunicación Audiovisual pola USC.

Xoán Vázquez González dirixe esta curta recoñecida cunha mención especial do xurado das Novas Camadas 2026 do Festival de Cans. 
Podes ver a peza, en VINTE, en exclusiva, ata o 3 de xuño ás 12.00 horas.

Créditos

Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Xoán Vázquez González

Reparto: Rufino Tizón, Luis de la Peña, Chicho Torreiro e Fernando Adarraga

Coa colaboración de

Tamén che interesa

  • Volven as curtas das Novas Camadas ao Festival de Cans e a VINTE

    Este mércores, 20 de maio, ás 19.00 horas o Baixo de Carlos acollerá a proxección das once curtas de novas e novos autores seleccionadas nesta XXIII edición do Festival de Cans, as Novas Camadas. E como cada ano en VINTE ofrecemos a posibilidade de ver todos estes traballos de mozas e mozos menores de 25 anos en exclusiva. A partir do luns 25 estrearemos cada día unha obra ás 12:00 h. (de luns a venres), que estará dispoñible durante 24 horas para a súa libre visualización. As proxeccións en VINTE acabarán o luns, 8 de xuño, coa curta gañadora desta edición. Velaquí un resumo de cada traballo.

    Cinema

    Co patrocinio de

  • Vinte almorzando en Cans con Nerea Barros

    A voz profunda e serena de Nerea Barros protagoniza este novo almorzo con Deleite, que fixemos no Festival de Cans, onde a actriz e directora recibiu o Chimpín de Prata. Gañadora dun premio Goya polo seu papel en "La Isla Mínima", afronta agora novos retos detrás das cámaras coas longametraxes "Raíces" e "O da miña nai" . 

    Con ela falamos da súa infancia no Eixo, en Santiago, onde creceu feliz, cun campo de xogos "inmenso" ou da súa relación coa lingua galega e por que tomou a decisión de falala "o mellor posible" aos 14 anos. "Os meus pais sufriron acoso por ser galegofalantes e comigo falaban en castelán. Iso sempre foi unha ferida aberta dentro de min que me descolocaba", asegura Nerea Barros. 

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • Vinte almorzando en Cans con Jorge Coira

    Almorzamos con Jorge Coira no pasado festival de Cans, onde recibiu o premio de honra Pedrigree 2021. Cans é unha cita habitual para este director de cine e series, que empezou nos 90 facendo curtametraxes e que, tras a exitosa 'Hierro', comeza agora a rodaxe dunha nova serie para Movistar+, 'Rapa', tamén un thriller mais desta vez rodado en Ferrol e Cedeira e protagonizado por Javier Cámara. Falamos con el da súa experiencia vindo a Cans e da importancia da relación entre o cinema e o territorio, mentres almorzamos coa colaboración de Deleite.

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.