Vinte almorzando en Cans con Jorge Coira

Almorzamos con Jorge Coira no pasado festival de Cans, onde recibiu o premio de honra Pedrigree 2021. Cans é unha cita habitual para este director de cine e series, que empezou nos 90 facendo curtametraxes e que, tras a exitosa 'Hierro', comeza agora a rodaxe dunha nova serie para Movistar+, 'Rapa', tamén un thriller mais desta vez rodado en Ferrol e Cedeira e protagonizado por Javier Cámara. Falamos con el da súa experiencia vindo a Cans e da importancia da relación entre o cinema e o territorio, mentres almorzamos coa colaboración de Deleite.

Créditos

VINTE

Coa colaboración de

En anteriores almorzos

  • VINTE almorzando con Ledicia Costas

    A escritora Ledicia Costas recíbenos na súa casa do barrio de Navia, en Vigo, para convidarnos a almorzar e conversar sobre o éxito de 'Infamia' e de toda a súa obra de literatura infantil e xuvenil. Tamén sobre as súas rutinas de traballo, o futuro do galego ou a súa afección polo 'Animal Crossing'.

  • VINTE almorzando con Elena Ferro

    A artesá zoqueira recíbenos no seu taller de Merza (Vila de Cruces) para almorzar con Deleite e falarnos de como recuperou o oficio familiar para actualizar os zocos dun xeito creativo e convertelos nun produto moi demandado, grazas tamén á venda online e ás redes sociais. Unha maneira de poñer en valor o rural e de innovar a partir dun oficio que estaba a piques de morrer.

  • Vinte almorzando con Óliver Laxe

    Almorzamos na cociña de leña da casa de Óliver Laxe. O cineasta recibiunos na súa aldea dos Ancares, onde naceu a película e onde se rodou a maior parte dela. Alí prepara un novo proxecto pero non cinematográfico: vai crear un centro pedagóxico e terapéutico que tamén será unha granxa e un espazo cultural, rehabilitando varias casas do lugar, incluída a de seus avós.  Co patrocinio de Deleite.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.