“I-ANQUE”, o novo sinxelo de Eris Mackenzie convida a vivir sen dar explicacións

O artista de Culleredo vén de publicar “I-ANQUE”, un tema que fala claro: menos xuízo e máis liberdade. A canción supón o adianto do que será o segundo álbum longo de Carlos Eirís, coñecido artísticamente como Eris Mackenzie, tras a publicación do álbum Meu Ceu (2025),e o EP Laíño esta primavera.

Unha canción para deixar de mirar cara fóra e comezar a facer o que un realmente quere, sen dar explicacións. A súa proposta móvese entre o íntimo e o disruptivo, na procura constante dun son propio, reforzando a súa particular conexión entre a música tradicional galega e a electrónica contemporánea, segundo explican desde a discográfica Alende Música.

"I-ANQUE" chega acompañado dun videoclip dirixido por Omar Romero e Pablo Lourido, que recolle a estética íntima e persoal do artista. A peza audiovisual sitúanos nun ambiente escuro e abafante que, paradoxalmente, acaba converténdose nun espazo de liberación.

Créditos

Letra: Cantigas populares e Eris Mackenzie

Voz: Eris Mackenzie

Pandeiretas: Paula Espada

Producción musical: Eris Mackenzie

Mistura e máster: Iago Pico

 Dirección videoclip: Omar Romero (@romad4)

Dirección de fotografía: Pablo Lourido (@pablolourido_ssv)

Dirección de arte: Adriana Lado (@adrianaladof)

Axudante de arte: Laura Villar (@lauravillar67)

Tamén che interesa

  • Entrevista | Alana “Agora atrevémonos a experimentar con outros sons que igual no primeiro disco non nos apetecía”

    Falamos con Antía Vázquez (Oleiros) e Eloy Vidal (Ponteceso), dous dos tres membros que forman Alana. Nesta conversa faltou o gaiteiro e percusionista Pablo Castro (Vimianzo) pero estivo ben presente nas verbas tanto da súa compañeira como do seu compañeiro de grupo. Alana vén de publicar o seu novo disco, “Un saber”, un segundo traballo que consolida a formación con apenas tres anos de existencia e co que quixeron homenaxear, xa desde o título, as informantes, esas mulleres que achegan as súas coplas sen darlle moita importancia aos seus propios coñecementos. “Elas teñen un saber non só a nivel musical, senón tamén a nivel cultural, a nivel lingüístico, a nivel social e a nivel de comunidade”, asegura Antía Vázquez. O achado de cada cantiga é só o comezo dun traballo protagonizado polos contextos e a experimentación sonora. Mellor escoitalo.

    Música
  • “Arder”, folk rock intenso no debut en galego de Escuchando Elefantes

    “Arder” é un novo sinxelo cru e honesto de Escuchando Elefantes, que chega acompañado dun videoclip no que Sílvia Rábade e Carlos Tajes contaron coa colaboración de intérpretes galegos como Xosé A. Touriñán, María Vázquez e Ledicia Sola, ademais da participación do corpo de bombeiros da Coruña. 

    Xunto a eles, un coro de cantareiras galegas e case un centenar de persoas anónimas uniron as súas voces ao unísono para cantar como un himno o retrouso de "Arder" coa clara mensaxe de que xuntos temos máis forza que calquera incendio e poñendo en valor o espírito da resiliencia, a música e o baile como vínculo de unión ante a catástrofe, segundo explican desde a banda, que asina o seu primeiro sinxelo orixinal en galego.

    Música
  • “Que se nos faga de día” De Ninghures e Mondra teñen gana de verán

    Estoupar os bilitroques/ Ir por amoras/ Deitarse na herba seca/ Xuntarse nun bar/ Sentir o salitre no corpo/ De ir nadar ao mar/ Cheirar o fume na roupa/ Na noite de San Xoán

    De Ninghures e Mondra xúntanse por vez primeira para festexar e cantar ao verán galego. “Que se nos faga de día” é o título dunha canción que cheira a salitre, herba seca e fume de San Xoán, que fala de amor, de suor e, especialmente, de deixarse levar. Juan de Dios Martín produce esta rumba que se converte nunha auténtica oda ao estío galego, segundo subliñan desde a produtora. É un canto vigoroso á época das verbenas, dos días luminosos e das noites que nunca se queren deixar marchar; a celebración dunha terra que, tanto no mar coma na montaña, non deixa de cantar.

    Música
  • ‘Ten que haber un sitio para nós’, pop-rock honesto no primeiro disco de Portosanto

    Portosanto presentou esta semana o seu primeiro disco, Ten que haber un sitio para nós, editado por Ernie Records. O LP -formado por dez cancións- supón o punto de partida dunha nova etapa para unha banda integrada por Anaís, Andrés,Nuno, Simón e Xoel, os mesmos membros que anos atrás deron vida a Oh! Ayatollah. 

    Desde a banda explican que, musicalmente, ‘Ten que haber un sitio para nós’ móvese nun pop rock de guitarras luminosas e afiadas, con nervio melódico e unha intensidade que medra desde a contención”.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.