De Ninghures adianta en Vinte “En fin, que máis dá”, un canto á amizade e á vida
Vinte estrea en exclusiva “En fin, que máis dá”, tema que supón o cuarto e último avance do novo LP da banda De Ninghures, Feira, que se presentará o 13 de marzo na sala Capitol de Santiago.
De momento, este xoves, xa coñecemos o novo sinxelo, un canto á amizade e á vida que se inspira tanto no Tishoumaren (tamén coñecido como Desert Blues) e no pobo nómada Tuareg como nunha muiñeira de Florencio López, segundo explican desde a formación.
Para De Ninghures “En fin, que máis dá” supón «unha viaxe para cantar e gozar» nunha nova volta ao concepto de revisión da tradición desde a contemporaneidade.
O novo single está producido por Juan de Dios Martín e conta co artista coruñés Xoel López nas guitarras. A peza audiovisual foi dirixida por Lorenzo Negueruela e estará dispoñible desde este venres na canle de youtube da banda.
De Ninghures propón un tema que, entre a ledicia e a melancolía, fía unha ruta na que as voces se mesturan entre harmonías envolventes. A música flúe para xerar unha atmosfera cálida e poderosa; mentres que as guitarras, tanto as gravadas por Xoel López como pola banda, dialogan coa percusión tradicional galega, o clarinete, o violín e a gaita.
Créditos
Equipo técnico
Dirección: Lorenzo Negueruela
Dirección Creativa: Melania Freire
Axudante de Dirección: Lara Caeiro
Dirección de Fotografía e operador de cámara: Yago Rodríguez
Direción de Arte e Estilismo: Lara Caeiro
Auxiliar de Cámara: Mara Iglesias
Postprodución: Lorenzo Negueruela e Yago Rodríguez
Cor: Lorenzo Negueruela Produción - Hadrián García
Canción orixinal e letra: Tomé Mouriño
Produción: Juan de Dios Martín e De Ninghures
Guitarras: Xoel López
Gravación e mistura: Juan de Dios Martín en Estudio Casadiós e Estudios Mans
Máster: Miguel A. González (Blackboxmastering)
Distribución: @Altafonte
Comunicación: Lucía Pita (The Office)
Management: @tremendoaudiovisual2871