Ataque Escampe estrea videoclip. Fantasías de rap en branco e negro con 'Fuck the Police"

Un ano despois da aparición do LP Cabalgata, o grupo galego lanza o que será o seu último videoclip con “Fuck the Police”, unha das cancións máis celebradas polo seu público. “O protagonista é un arribista do rap de máis de 40 anos que, na súa fantasía, se percibe a si mesmo como un home negro”, apunta Miguel Mosqueira, vocalista no tema e actor no vídeo. “Isto deriva na comedia, mais tamén no drama, ao contemplarmos o ascenso e caída dun varón branco occidental vido arriba”.

A fotografía en branco e negro, o humor ou o xogo cos ritmos na montaxe destacan nun vídeo dirixdo por David Silva que conta tamén coa interpretación de Papa Aliouene Sagna.

Créditos

 

'Fuck the Police'

 

Música: Ataque Escampe. 

Dirección: David Silva. 

Son: Hevi. 

Idea orixinal: Miguel Mosqueira e David Silva. 

Produción: Tremendo Audiovisual. 

Reparto: Papa Aliouene Sagna e Miguel Mosqueira.

Tamén che interesa

  • Ataque Escampe: «Atopamos máis interese nos grises»

    A amizade, o amor e a perda son temas universais. O que marca a diferenza é como se abordan. Por iso Ataque Escampe chegan tan fondo con Cabalgata, porque falan de nós –de todas nós– no aquí e no agora. Un brinde por todos os losers que foden coas fiestras pechadas e van sumando penas e perdas sen renunciar á ledicia, escoitade o disco e o comprenderedes. O agora hai que quererse máis que nunca de “Lamborghini”, o primeiro tema que coñecemos do álbum, xa nolo sabemos. Imos repasar as dez novas cancións deste oitavo disco de estudio do grupo con Samuel Solleiro. 

    Música
  • Ataque Escampe. O "Cabaliño lento" e as despedidas incertas

    "Cabaliño lento" é o novo adianto do álbum Cabalgata de Ataque Escampe, que será o seu oitavo traballo de estudio e estará dispoñible a finais de abril. Unha canción delicada, construída sobre texturas electrónicas, na que o cabalo é parte do relato dunha despedida incerta. David Silva dirixe este videoclip da banda.

    Música
  • Así gravou Ataque Escampe "Por última vez", de Ana Kiro

    Este mes de xaneiro Ana Kiro faría 80 anos. Pouca xente lembra que a Máis Grande participou en 1967 no Festival de Benidorm cunha canción, "Por última vez", que agora reinterpretan en galego Ataque Escampe para o proxecto Puro Deleite. Un recompilatorio con versións de clásicos do pop galego revisitados por artistas actuais, que verá a luz a finais de ano impulsado por Deleite, e do que iremos vendo cada mes un novo adianto. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.