Ataque Escampe. O "Cabaliño lento" e as despedidas incertas

"Cabaliño lento" é o novo adianto do álbum Cabalgata de Ataque Escampe, que será o seu oitavo traballo de estudio e estará dispoñible a finais de abril. Unha canción delicada, construída sobre texturas electrónicas, na que o cabalo é parte do relato dunha despedida incerta. O videoclip de David Silva xoga con esa calma tensa polo adeus cun plano que se vai abrindo ata deixar ver a totalidade da escena. Ao estilo dos retratos dos screen tests de Andy Warhol, o director ralentiza a imaxe nun sutil zoom cara atrás para chamar a atención sobre os mínimos xestos do grupo e de Cacique, o cabalo que os acompaña.

Créditos

Dirección: David Silva
Cámara: Diego López 
Son: Hevi 
Reparto: Cacique, Lois G. Carlín, Álex Charlón, Miguel Mosqueira, Samuel Solleiro, Cibrán Tenreiro 
Produción: Tremendo Audiovisual

Máis Vinte

  • 'Por última vez'. Ataque Escampe estrean unha versión da canción que levou Ana Kiro ao Festival de Benidorm en 1967

    Agora que o festival de Benidorm volve ser algo do que falar, e ademais coa impoñente presenza galega de Tanxugueiras, non vén mal recordar que a Máis Grande, Ana Kiro, estivo alá no ano 1967 cun temazo pop titulado 'Por última vez'. Ataque Escampe non o tiñan esquecido e quixeron facerlle esta homenaxe cantando en galego a canción, como parte do proxecto Puro Deleite, un recompilatorio de versións de clásicos da canción galega feitos por artistas actuais que impulsa Deleite. 

  • Así gravou Ataque Escampe "Por última vez", de Ana Kiro

    Este mes de xaneiro Ana Kiro faría 80 anos. Pouca xente lembra que a Máis Grande participou en 1967 no Festival de Benidorm cunha canción, "Por última vez", que agora reinterpretan en galego Ataque Escampe para o proxecto Puro Deleite. Un recompilatorio con versións de clásicos do pop galego revisitados por artistas actuais, que verá a luz a finais de ano impulsado por Deleite, e do que iremos vendo cada mes un novo adianto. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.