Lamborghini. Ataque Escampe deconstrúen o amor, un coche e a banda de música de Lalín no seu novo videoclip

Na recta final do ano chega un firme candidato a mellor videoclip de 2022, realizado por David Silva para o novo tema de Ataque Escampe, "Lamborghini". Un vídeo coral, como temos visto outras veces, no que o protagonismo téñeno as rapazas e rapaces que compoñen a banda de música de Lalín, canda outras amigas, nenas e maiores, do grupo compostelán. Sen contar coa irrupción dun líder mesiánico e bailador aí polo minuto 2' da peza. A canción, con sintes oitenteiros, manda quererse así que haberá que quererse máis que nunca este inverno.

Créditos

Videoclip de "Lamborghini", de Ataque Escampe, dirixido por David Silva. 

 

PRODUCIÓN Tremendo Audiovisual Cultura da Deputación da Coruña 

 

PRODUCIÓN MUSICAL, GRAVACIÓN E MESTURAS Hevi

 

MASTERIZACIÓN Cem Oral 

 

AGRADECEMENTOS Jorge Varela Casa Europa Liceo de Ourense Café-bar El Muelle

Tamén che interesa

  • 'Por última vez'. Ataque Escampe estrean unha versión da canción que levou Ana Kiro ao Festival de Benidorm en 1967

    Agora que o festival de Benidorm volve ser algo do que falar, e ademais coa impoñente presenza galega de Tanxugueiras, non vén mal recordar que a Máis Grande, Ana Kiro, estivo alá no ano 1967 cun temazo pop titulado 'Por última vez'. Ataque Escampe non o tiñan esquecido e quixeron facerlle esta homenaxe cantando en galego a canción, como parte do proxecto Puro Deleite, un recompilatorio de versións de clásicos da canción galega feitos por artistas actuais que impulsa Deleite. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.