Así gravou Ataque Escampe "Por última vez", de Ana Kiro
Este mes de xaneiro Ana Kiro faría 80 anos. Pouca xente lembra que a Máis Grande participou en 1967 no Festival de Benidorm cunha canción, "Por última vez", que agora reinterpretan en galego Ataque Escampe para o proxecto Puro Deleite. Un recompilatorio con versións de clásicos do pop galego revisitados por artistas actuais, que verá a luz a finais de ano impulsado por Deleite, e do que iremos vendo cada mes un novo adianto.
Créditos
Reinterpretación do tema “Por última vez” de Ana Kiro (Belter, 1967) a mans de Ataque Escampe. Música orixinal de Mario Sellés e letra de Vicente Beltrán, adaptada ao galego por Ataque Escampe. Produción artística do Hevi. Gravada e mesturada por Carlos Quintá n’As Gonzalinhas (Lalín) en xuño de 2021 coa colaboración de Alberto Quintá; masterizada por Carlos Hernández en El Castillo Alemán (Pedrezuela). Deseño gráfico de Ataque Escampe sobre unha foto de Bea López.
Con: Julio Vilariño Cabezas: sintetizadores. Cibrán Tenreiro: batería, pandeireta, carillón e crótalos. Lois G. Carlín: baixo e coros. Miguel Mosqueira: guitarra e coros. Samuel Solleiro: guitarra. Álex Charlón: voz.