Arrhythmia abre unha nova etapa con CERØ

Arrhythmia vén de lanzar o seu novo EP, CERØ (Galunk Producións, 2026). Tras un ano de traballo intenso e meticuloso, o grupo abre, con este novo lanzamento, “unha nova etapa con maior claridade de ideas, mantendo a enerxía e o discurso que definiron a súa traxectoria”, segundo explican desde a banda de Lugo. 

Esta vida non me chega/ póñana en tempo de espera/ condena que desespera/ mírame. Este novo traballo de Arrhythmia vén acompañado pola saída do ‘focus track’ e do videoclip Agonía ft. Nuno Pico de Grande Amore. “É un tema que fusiona metal e synthwave para crear unha atmosfera intensa e melancólica arredor do paso do tempo e da angustia dunha conta atrás constante”, salienta Alberto Busto, vocalista de Arrhythmia

Arrhythmia leva anos convertendo o ruído en linguaxe. A súa música nace da fricción entre mundos: o metal e a electrónica, o rap e o rock, a forza e o detalle. Constrúe en galego e sen filtros, cancións que son descarga e reflexión ao mesmo tempo.

O EP, composto por cinco temas ­–Insaciables ft. Rebeliom do Inframundo, MesIAs, Amnesia, Agonía ft. Grande Amore e Euforia–, chega con introspección e crítica en equilibrio: cancións que combinan emoción persoal e mirada social. CERØ propón máis experimentación sonora: do metal alternativo e o metalcore a novas texturas electrónicas e matices pop.

Con este novo lanzamento, a banda encara tamén o regreso aos escenarios e anuncia a primeira data da súa xira de presentación do EP para o sábado 11 de abril dentro do Festival A Candeloria, en Lugo 

Créditos

Composición musical:   Alberto Busto  e   Álvaro L. Barreiro 
Letra:   Alberto Busto e   Nuno Pico  
Mestura e master:   Álvaro L. Barreiro 

Dirixido e editado por Álvaro L. Barreiro
Dir. fotografía Álvaro L. Barreiro
Op. de cámara Álvaro L. Barreiro
Foto fixa Álvaro L. Barreiro e Candela Lora
Arte e vestiario Adriana Lado
Producido por Galunk Producións

 

Figuración:
Gloria Montenegro
Xurxo Alfaya
David Bouzada
Manuel Castro
Mussa
Alberto Cortés

 

Agradecementos:
Jorge González (coche)
Bar Los 80's Vigo
Kameleon Vintage.

Tamén che interesa

  • Pastor Eléctrico A potencia da música ao servizo das historias do rural galego

    As letras son as protagonistas e a música, unha descarga eléctrica no momento exacto. No primeiro disco de Pastor Eléctrico atopamos historias inspiradas por persoas, lugares, cheiros ou sons reais do rural galego que Diego Guerrero foi atopando no seu percorrido por Galicia co programa Cos pés na terra, da TVG. “Eu non tiven aldea de pequeno como tal e entón atopei agora de maior a miña aldea percorrendo moitos lugares de Galicia e gravando moitas persoas”. Diego Guerrero é o director desta serie documental finalista como Mellor Programa e Mellor Realización nesta edición dos Premios Mestre Mateo. E desa experiencia agroman as dez cancións do primeiro traballo de Pastor Eléctrico.

    Música
  • Entrevista | Nervo, Rebeliom do Inframundo “Neste disco hai bastante felpa a nivel social. Coa extrema dereita sen vergoña temos que alzar a voz”

    Xuntábanse detrás da estación de autobuses de Ponteareas nos primeiros 2000, onde os edificios a medio construír suxerían estar nunha especie de inframundo. Era un lugar perfecto para esas primeiras rimas salvaxes da mocidade e para armar unha rebeliom que continúa a día de hoxe. Alcumárano o Nervo pola súa intensidade ao rapear, mais a voz de Rebeliom do Inframundo chámase Cristopher Machado Ibáñez e naceu en Caracas en 1988, aínda que xa de ben cativo chegou para quedar a Galicia, a terra dos seus pais emigrantes. O Nervo está de parabéns: deixou un traballo que o oprimía para dedicarse completamente a súa paixón, a música, e Rebeliom vén de publicar o seu quinto disco:  Orgulho (Galunk Producións). O grupo inicia nos vindeiros días a xira de presentación deste traballo en salas, cun único bolo galego para este formato: será na Capitol de Santiago o 8 de maio.

    Música
  • Alana propón unha ‘rave tradi’ con “Vilardevós”

    A mestura da música tradicional con ritmos de base electrónica e pop é un dos principais sinais de identidade de Alana, que ultima o lanzamento do seu segundo disco. De momento, este venres xa coñecemos “Vilardevós”.

    A canción parte dunha recollida a unhas veciñas de Terroso, unha parroquia do municipio ourensán da comarca de Verín. O ambiente festivo e o balbordo que se percibe no propio arquivo orixinal inspirou a creación da peza audiovisual. Unha sorte de rave tradi coa participación das Pan Sen Fron, que mestura alegría e celebración nun xogo entre o pasado e o presente.

    Música
  • Laura LaMontagne regresa con "SonRisas Falsas", unha “demoledora crítica” á industria musical galega

    “Aquí non hai managers Laura/ Isto é galiza ti que esperabas”/ Sempre de última “non pidas nada”/Festa de ratas, mentiras, cutradas/, versa o novo de Laura LaMontagne.

    Tras dous anos de silencio a artista lucense vén de publicar o sinxelo "SonRisas Falsas", unha canción de electropop escuro e minimalista cantada en galego e inglés. LaMontagne inicia así unha nova etapa artística en solitario e vai directa á ferida. No novo tema fala abertamente da “traizón e as dinámicas abusivas de poder que sufriu dentro da industria musical”, segundo explican desde a produtora.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.