Alana propón unha ‘rave tradi’ con “Vilardevós”

A mestura da música tradicional con ritmos de base electrónica e pop é un dos principais sinais de identidade de Alana, que ultima o lanzamento do seu segundo disco. De momento, este venres xa coñecemos “Vilardevós”.

A canción parte dunha recollida a unhas veciñas de Terroso, unha parroquia do municipio ourensán da comarca de Verín. O ambiente festivo e o balbordo que se percibe no propio arquivo orixinal inspirou a creación da peza audiovisual. Unha sorte de rave tradi coa participación das Pan Sen Fron, que mestura alegría e celebración nun xogo entre o pasado e o presente.

Este adianto preséntase cun videoclip firmado por Undodez e realizado por Einibó films baixo a dirección de Adolfo Fernández. Na dirección de arte está Lara Caeiro, e na produción musical e como vén sendo habitual en Alana. Vilardevós é o primeiro lanzamento neste 2026 do que será Un saber, o novo traballo discográfico que a banda presentará o próximo 18 de abril na Sala Capitol.

Créditos

Producido por Alana e Undodez

Idea orixinal: Alana

Realización: Einibó

Produción musical: ew

Gravación e edición de audio: Eloy Vidal

Auxiliar de dirección: Xoan Fórneas

Axudante de cámara: Sara Temes

Dirección de fotografía: Sara Temes e Adolfo Fernández

Estilismo e dirección de arte: Lara Caeiro

Axundantía de arte: Noel Iglesias

Maquillaxe e perruquería: Laura Nogueira

Dirección de produción: Laura Canto

Axudante de produción: Alba Gilda

Administración: Icía López 

Equipo de Undodez: Elisa Martínez, Pablo Goirigoizarri e Ana Mariño

Tamén che interesa

  • Alana estrea “Añobres”, adianto do seu tributo á cantareira Delfina

    O grupo Alana vén de lanzar “Añobres, un novo tema e videoclip que supón o primeiro adianto dun traballo de homenaxe á cantareira Delfina de Añobres. O novo proxecto, con oito cancións, verá a luz nas vindeiras semanas baixo o título de Juapita de Añobres, alcume da informante cuxas coplas foron recollidas por Dorothé Shubarth en 1979 para o Cancioneiro Galego de Tradición Oral.

    O videoclip de “Añobres”  foi rodado na casa natal de Delfina, en Añobres (Muxía), e conta coa participación dos seus familiares e dos membros do grupo: Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro. 

    Está protagonizado por Xoán Fórneas e dirixido por Saúl Rivas e Adolfo Fernández.

    Música
  • Alana mestura muiñeiras e pop en ‘O xeito á cántigha’

    Alana, o proxecto musical das bergantiñás Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro, publica este venres, 3 de maio, o seu primeiro disco, O xeito á cántigha, que xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais e en formato físico.

    “Liñares” ó o single deste primeiro traballo, que vén acompañado dun videoclip dirixido por Jorge López.

    Alana naceu en 2023 para poñer en valor a música tradicional galega. Parten das recollidas para mesturar as melodías tradicionais con ritmos de base electrónica e pop.

    Música
  • “As Marxes”. As cantareiras, unha banda e a electrónica, unidas para prestixiar a tradición oral

    «Os 30 primeiros segundos de obra son só electrónica, antes de que comece a banda e escoitamos sintetizadores feitos a partir das voces e os instrumentos das cantareiras. Escoitamos só ruidos das manipulacións dos micrófonos, das pandeiretas, da taza de café...». O compositor Mario G. Cortizo comenta así o comezo da súa última obra, “As Marxes”, unha composición na que integra as voces e contextos dalgunhas pandereteiras gravadas por Dorothé Schubarth en 1980 coa música que intepreta a banda sinfónica. Un xeito, defende, de poñer en valor a tradición oral das cantareiras e mais ás bandas, verdadeiras escolas para a maioría dos músicos galegos.

    Música
  • Margó Gayoso, tocadora e mestra de pandeireta e canto "Ser de aldea e tocar a pandeireta é un orgullo”

    Primeiro foi o baile, con apenas cinco anos, no cole como actividade extraescolar. Despois chegaría a gaita, o acordeón, a pandeireta, a percusión doméstica coas cunchas, tixolas, sachos ou latas de pemento … e o canto, claro, porque todo está relacionado. Nesta nova entrega do Vinte na rúa coñecemos a Margó Gayoso, unha rapaza de Saiáns (parroquia de Vigo con moita entidade de seu) e unha recoñecida tocadora e mestra de pandeireta e canto.

    Hoxe en día mantén a súa actividade como docente en Saiáns, mais tamén imparte aulas no Fiadeiro de Vigo, en Moaña ou en Coruxo, onde tamén forma parte do histórico grupo de pandeireteiras A Buxaina. A súa traxectoria inclúe tres discos gravados coas Tanxedoras e numerosas recollidas para se formar e poder ensinar a música tradicional galega con toda a súa riqueza e espontaneidade.

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.