Alana estrea “Añobres”, adianto do seu tributo á cantareira Delfina
O grupo Alana vén de lanzar “Añobres”, un novo tema e videoclip que supón o primeiro adianto dun traballo de homenaxe á cantareira Delfina de Añobres. O novo proxecto, con oito cancións, verá a luz nas vindeiras semanas baixo o título de Juapita de Añobres, alcume da informante cuxas coplas foron recollidas por Dorothé Shubarth en 1979 para o Cancioneiro Galego de Tradición Oral.
O videoclip de “Añobres” foi rodado na casa natal de Delfina, en Añobres (Muxía), e conta coa participación dos seus familiares e dos membros do grupo: Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro.
Está protagonizado por Xoán Fórneas e dirixido por Saúl Rivas e Adolfo Fernández, cunha produción a cargo de Undodez.
Créditos
Dirixido por Saúl Rivas e Adolfo Fernández
Producido por Alana e Undodez
Idea orixinal: Alana
Produción musical : EW
Actor principal : Xoán Fórneas
Figuración: Clara Trillo, Andrés Grille, Lorena Grille, Montserrat Lago, Ana Amigo, Borja Grille, Antía Vázquez, Eloy Vidal, Pablo Castro
Edición: Adolfo Fernández
Operador de dron: Lucas Lombardía
Guión: Alana, Saúl Rivas, Adolfo Fernández
Estilismo: Laura Villar
Maquillaxe: Laura Nogueira e Antía Vázquez
Dirección de produción: Laura Canto
Jefe de produción: Miguel Vázquez
Produción executiva: Xose A.Touriñán, Javi Lopa, Álvaro Pérez Becerra