AI Song Contest. Así soa 'Florespiña', a canción coa que Ana Kiro representará a Galicia
O misterio foi desvelado. Este venres deuse a coñecer a canción Florespiña, coa que Ana Kiro representará a Galicia na final do IA Son Contest -o Eurovisión Mundial da Intelixencia Artificial- que se celebrará na Coruña o 4 de novembro.
A intelixencia artificial recupera a voz da cantante, falecida hai 13 anos, para crear este tema dan man do proxecto PAMP! Florespiña competirá directamente contra unha decena de finalistas de todo o mundo na gran final deste concurso internacional.
A candidatura está formada por un grupo multidisciplinar de doce persoas artistas, enxeñeiras, investigadoras e músicas galegas que conseguiu a segunda posición con AI-Lalelo o ano pasado neste festival, e que este ano contou coa colaboración do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).