-
Barreiros: acougo e calma onde o mar namora
LugaresNo corazón da Mariña, co Atlántico batendo nun areal virxe e infinito, Barreiros ofrece acougo, natureza e vida. A que atrae os milleiros que chegan no verán e da que gozan os que alí viven todo o ano. Nun concello que mantén o inevitable impacto dunha burbulla inmobiliaria que se pasou moito de rosca, pero que reivindica un presente atraínte e un futuro prometedor nunha contorna única.
-
A costa do Ortegal, un miradoiro infinito
LugaresPodemos ir de Cedeira a Estaca de Bares polas estradas do litoral en menos de dúas horas. Un percorrido pola costa do Ortegal que sempre leva máis, atraídos como quedamos pola beleza salvaxe da paisaxe que nos ofrecen numerosos miradoiros dun camiño repleto de vilas, parroquias e pequenos núcleos que parecen chantados no mar que serpea para adentrarse nunha terra de inigualable valor xeolóxico.
-
Vinte na rúa, con Rubén López. «Se o queixo non gusta, dá igual onde vaia metido, non tes nada que facer»
VINTE na rúaRubén López, fillo dos fundadores, é o xerente de Lácteos Lorán, queixaría que leva 50 anos producindo e ‘inventando’ produtos lácteos desde unha parroquia de Abadín onde naceu tamén o seu mítico lema: “Con pan ou sen pan, coma queixos Lorán”.
Das viaxes como comercial e da distribución porta a porta nos seus inicios di que lle xurdiron as mellores ideas, como aquela de vender un queixo nun recipiente de barro e que parecía unha tolemia. “Tivemos que comprar tráilers enteiros cheos de cazolas”, di sobre unha iniciativa que segue tendo éxito. Pero a clave, aclara, é outra: a calidade. “Se o queixo non gusta, dá igual onde vaia metido, non tes nada que facer”.