Despedida. Sabela lanza o seu primeiro single cun fermoso videoclip fotografado por Lucía C. Pan

Chega o primeiro adianto do agardadísimo primeiro disco de Sabela, un temazo que sorprende a todos xa non por estar cantado en galego (con iso contabamos) senón pola súa sofisticada estética, que nos recorda o pop lánguido de Lana del Rey no musical e tamén na feitura do videoclip, no que participou a directora de fotografía galega máis demandada dos últimos tempos: Lucía C. Pan

 

Sabela lanza Despedida o vindeiro 29 de novembro e estará en Galicia para presentalo. O sábado 30 actúa no Culturgal xunto a Marful, no que será o regreso desta mítica formación á que a de Bravos versionou na final de Operación Triunfo co seu tema Tris Tras:

Foi a última edición deste concurso na que Sabela Ramil se deu a coñecer e sorprendeu a moita xente cantando en galego e reivindicando a música de artistas descoñecidos ata o momento pola maioría do público de OT como Rosa Cedrón ou Marful
 

As entradas para ver a Sabela con Marful o sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra están á venda en Ataquilla

Tamén che interesa

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.